Parlamento Galego

O BNG leva ao Parlamento axilizar o pago das bolsas de comedor das escolas infantís dos nenas en nenos en exclusión

Montse Prado
Montse Prado
Afirma que é “inxustificable” esta demora e menos por parte da consellería de Política social con competencias en atención ás persoas máis vulnerables

A deputada do BNG, Montse Prado presenta unha pregunta, oral en pleno, para reclamar ante a consellería de Política social a “axilización do pago das bolsas de comedor das escolas infantís dos nenos e nenas en situación de exclusión”.

A parlamentaria argumenta na súa iniciativa  que a declaración do estado de alarma pola crise sanitaria da COVID-19 provocou o peche da actividade nos centros públicos e as prestacións asociadas aos mesmos. Dentro destas prestacións, explica está o servizo de comedor dos e das nenas que acudían ás escolas infantís entre eles, os que están exentos  de pago por pertencer a  familias vulnerables.

Prado asegura, segundo información facilitada á propia deputada, que dous meses despois de declarado o estado de alarma e polo tanto pechados os comedores,  ningún deses nenos e nenas  que acoden ás escolas infantís dependentes da Consellaría de Política Social e exentos dese pago “recibiron axuda para  afrontar os gastos de manutención”.

“Non entendemos a razón desta demora” critica a nacionalista, xa que desde a Consellaría comunicou que se faría cargo de forma  directa e sen ningunha solicitude previa  das familias, tan só  se requiría como  requisito  asinar a aceptación por parte das familias.

As consecuencias da crise económica e social derivadas da pandemia, engade a parlamentaria do BNG, “están a ser especialmente graves precisamente entre as familias con menos recursos e os colectivos máis vulnerábeis” e resultando  máis prexudicados os nenos e nenas

“Non ten xustificación esta demora”, e menos por parte  da  Consellaría de Política que entre as  súas competencias figura  a atención ás persoas máis vulnerábeis.

O BNG considera de “máxima urxencia” que a  Consellaría de Política Social proceda á achegar ás familias, con “exención de pago” nas escolas infantís  os ingresos de bolsa de comedor.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG