No BNG cremos ao 100 % no talento e na creatividade d@s nos@s artistas e apostamos por esa creatividade para o deseño de todo o que facemos. Somos un país de artistas, unha nación viva no mundo da que nace unha inmensa riqueza cultural a compartir con todos os demais pobos e persoas.
Nas nosas campañas a cultura é unha constante. Seguro que lembrades as viñetas do Bichero e do Carrabouxo ou os videoclips de Mini e Nao e de Caxade e Navia Rivas. Tamén a inventiva audiovisual de Illa Bufarda, explicando que nós non gostamos de playbacks e preferimos a xente natural que vai de frente.
Desta volta, para as eleccións galegas, volvemos apostar pola creatividade. Fixémolo con Quico Cadaval en conversa con Ana Pontón, e facémolo agora coa publicación de campaña Galiza 2016, que recolle seis estampas creadas para a ocasión por Kiko da Silva. Nela, o recoñecido autor pontevedrés trae á actualidade ao Castelao debuxante e imaxina como vería o rianxeiro a Galiza de hoxe. Como Castelao,
A publicación serve ademais para difundir o programa e as candidaturas do Bloque. O resultado, estupendo, podedes velo e facervos con el nos actos públicos do BNG nesta campaña, ou pasando polas nosas sedes, sempre abertas ás vosas visitas e opinións.
Mais non pensedes que isto vai ser o único e o último. Estade atentas e atentos, nos vindeiros días máis cultura e máis ideas encherán de cor e optimismo o que resta de campaña. Leandro Lamas, César Cambeiro, Isa Risco... e o videoclip de campaña, que seguro xa estades agardando. Moita creatividade aínda por chegar, que ides poder gozar nas redes!
Abrir un tempo novo en Galiza é posíbel, e imos demostrar que co #efectoPontón en marcha imos ser quen de a construír unha Galiza nova e mellor, con todas e todos, contigo.