O BNG denuncia os incumprimentos do PP coa Lei de Dependencia

A viceportavoz do G.p do BNG, Ana Luísa Bouza presentou hoxe, ante os medios de comunicación, unha iniciativa pola que interpela ao Goberno galego sobre os novos recortes na atención á dependencia.

A parlamentaria asegurou que en Galiza existen 25.000 persoas que, a pesar de ter recoñecido o seu dereito á prestación seguen sen percibila e que ademais, son familias que atenden a dependentes afectadas polos copagos farmacéuticos, a redución do transporte sanitario, o material ortoprótésico e a inminente subida do IVE en determinados produtos”.

Inxerencia nas competencias galegas

Asemade, a deputada insistiu na obriga do Goberno galego a poñer en marcha algunha medida que compense o deterioro de ingresos e servizos destinados ás persoas maiores dependentes,”hai menos servizos, hai máis listas de espera para prestacións e menos axudas económicas polo que pediu sexa reclamado ante o Goberno do Estado o 50% do custe.

Na súa intervención, Bouza tamén lembrou que no mes de decembro de 2011, o Goberno que dirixe Mariano Rajoy anunciou a suspensión “durante un ano” da incorporación de novas persoas beneficiarias da Lei de dependencia, pero no an o 2012, esta atención, está a padecer “un grave deterioro” que –ao seu xuízo- “pode ser corrixido con decisións políticas diferentes”.

Máis traballo en menos horas

O BNG, lembrou a deputada, vén denunciando unha situación que prexudica aos máis desfavorecidos, ao seu xuízo, “o PP puxo en marcha un recorte en programas sociais que fai medrar as desigualdades”.

En Galiza máis de 25.000 persoas con dereito á prestación por dependencia seguen ser percibila

Os novos recortes, “deixarán abandonados” aos que máis máis axuda necesitan e suporá a eliminación da subvención para a cota da Seguridade Social das coidadoras, “en Galiza máis de 15.000”, sentenciou.

Neste sentido, manifestou que as propias traballadoras de atención no fogar denunciron “traballar a marchas forzadas” ao fin de deixar atendidas as persoas porque a redución horaria impídelles “unha atención digna”.

Teito de gastos recortando servizos socias

A deputada tamén se referiu ao teito de gasto financeiro para Galiza aprobado recentemente, só cos votos dos populares, no Parlamento galego, “un recorte adicional de 691 millóns de euros”, respecto ao teito de gasto do ano 2012 que equivale, afirmou a “un recorte do 75% do orzamento consolidado da Consellería de Traballo e Benestar, un recorte que dende o BNG, “parécenos gravísimo” porque afectará ás partidas na lei de dependencia, concluíu.

 

http://youtu.be/CCNWkMxzYQc

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG