O BNG demandou un compromiso á Consellería co persoal dos centros de Benestar

Carme Adán

 Carme Adán acusou a consellería de “desoír” as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza e practicar a “crueldade” cos traballadores/as dos centros de Benestar

Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Sanidade relativa ás condicións laborais do persoal que prestan servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e reclamou un compromiso da consellería para mellorar as devanditas condicións.

Na súa intervención a deputada explicou que durante meses o persoal laboral da Consellaría de Traballo e Benestar ven denunciando a situación de “sobrecarga de traballo nos centros de Benestar” que mesmo chega “á crueldade” cando se lle denegan as vacacións ao persoal que esta facendo substitucións de baixas de longa duración, c fan contratos en precario de media xornada, fins de semana ou por horas ou cando o persoal en quenda ten que “asumir o traballo de outro persoal” que non se cubre de vacacións , de baixa ou de permiso xustificado.

A Consellaría desoíu, dixo, as propias sentenzas do Tribunal Superior de Galiza e impuxo unha quenda de traballo que levaron a este persoal a realizar múltiples accións reivindicativas.

Por outra parte, a deputada tamén denunciou o “deterioro do servizo” que sofren as persoas usuarias e os recortes en materia de conciliación desta Consellaría ao seu persoal.

Carme Adán

Pola súa parte, a Secretaria xeral técnica da Consellaría comprometeuse a unha modificación das quendas ao ter aprobado o goberno a creación de 155 postos de traballo para o persoal dos centros de Benestar. Adán lembrou que nestes anos reducíronse en 1500 prazas nos centros de benestar e cubrir un 10% agora “non soluciona o problema”, concluíu.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG