O BNG demanda que tod@s @s doentes de Hepatite C reciban os fármacos de útlima xeración

Rosana Pérez, deputada no Congreso

A deputada do BNG Rosana Pérez solicitou a comparecencia do ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, para reclamarlle que amplíe o universo de beneficiari@s do fármaco Sofosbuvir. Tras ter presentado iniciativas no Congreso desde fai seis meses neste mesmo sentido, a parlamentaria nacionalista apoia a reivindicación que comparten moitos expertos sanitarios e os doentes, como veñen reiteradamente manifestando.

Pérez critica a “estreiteza economicista do Ministerio” xa que, ademais do dereito dos afectados e afectadas a ter a mellor asistencia posible, a canto maior número de doentes cheguen os fármacos “maiores males se evitarán no futuro”. “Trátase de facer política preventiva porque, como manifestan os hepatólogos, un transplante ou un tratamento a 39 anos e moito máis custoso que cortar a doenza a tempo con estes medicamentos de nova xeración”, argumentou.

Rosana Pérez sinala que os profesionais sanitarios advirten que existen uns 30.000 afectados e afectadas, mentres que o Ministerio de Sanidade só ten previsto dar tratamento en 2015 a uns 6.000 enfermos. “Vai deixar fora a miles de doentes e vai empeorar as situacións podendo parar o avance da enfermidade en miles de casos”, subliñou.

Neste sentido, a deputada do Bloque quere que o ministro compareza de inmediato e se aborde esta situación atendendo Ás demandas de doentes e profesionais sanitarios. “En materia sanitaria non se debe practicar a cativaría porque falamos da saúde das persoas e, polo tanto, dun dereito básico”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG