O BNG cualifica o discurso de “cínico” e “fora da realidade”

O portavoz do BNG, Xavier Vence critica que non fai unha mención explícita á corrupción da Casa Real e familia e segue o discurso “propagandístico do PP” sobre a recuperación

Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.

O portavoz nacional do BNG cualificou de "cínico" e "fora da realidade" o discurso e critica a falta “dunha mención explícita” á corrupción da familia e a Casa Real.

Asemade, asegurou que o discurso está marcado pola axenda mediática "respondendo ao politicamente correcto". Por outro lado, recalca que reproduce o “discurso propagandístico do Partido popular” sobre a recuperación económica sen recoñecer o desastre social, a pobreza laboral e a exclusión algunha.

Mesmo guión. Nada novo neste monarca.

Para o portavoz nacionalista, Felipe VI segue "o mesmo guión de sempre" e "peor representado", demostración de que "non hai nada novo neste novo monarca nin vontade de mudar a cúpula do Estado”.

Xavier Vence tamén cualificou de "cerrado y ameazante" o discurso no relativo á unidade do Estado, do que dixo, “negou a reivindicación do dereito democrático a decidir e as aspiracións nacionais”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG