parlamento galego

BNG critica o desinterese da Xunta e a falta de compromiso e alternativas para o sector marisqueiro no remate da dragaxe da Ría do Burgo

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas

Mercedes Queixas lembra que na actualidade a capacidade extractiva non está garantida nin tampouco o compromiso da Xunta de Galiza  de compensacións económicas

A través dunha pregunta ao goberno, a deputada do BNG, Mercedes Queixa demandou unha resposta ao que denominou “cruce de responsabilidades” entre a Xunta e o Goberno central sobre o impacto e consecuencias para as mariscadoras e mariscadores da Ría do Burgo no remate das obras de dragaxe previstas para o mes de decembro de 2023.

Para a deputada, a Xunta amosa un “grande desinterese” e falta de compromiso e alternativas para o sector marisqueiro no remate das obras da dragaxe da Ría do Burgo.

A nacionalista explicou que as obras responden á  reivindicación de hai  20 anos,  pero   a pregunta agora, dixo,  é que vai a suceder despois do remate das obras porque é o momento da resembra das  4 especies : ameixa babosa, ameixa xapónica, ameixa fina e berberecho e unha  demora de  entre 18 e 24 meses  conleva unha importante falta de ingresos ao sector.

Neste sentido, preguntou se o  Estado ten previsto renovar o convenio para ampliar o pagamento de compensacións no período sen  capacidade extractiva e se a Xunta  valorou tamén  este aspecto.

Por outra banda, lembrou que a  Demarcación de Costas comprometeuse  a entregará a obra coa semente realizada pero as mariscadoras amosaron xa  as súas dúbidas sobre a efectividade  porque  no mes de decembro os terreos están sen asentar e  area nova, ao moverse, pode enterrar a cría ao que sumou un  incremento de auga doce das chuvias que aumenta  o índice de mortaldade das especies.

A Demarcación de Costas tamén trasladou  ás mariscadoras que só sementará   dúas  especies: ameixa babosa e ameixa xapónica e non as de maior beneficio, criticou.

Pola súa parte, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo  confirmou que a capacidade extractiva só será posible coa recuperación das especies despois da resembra de sementes até chegar ao tamaño comercial exixido.

 A nacionalista criticou a intervención de Rodríguez Carballo  que cualificou  de “relato do pasado” porque, ao seu xuízo, as  mariscadoras e mariscadores necesitan que se lles  garanta  “o futuro” e para iso é preciso que anuncien as compensacións económicas mentres non sexa posible “traballara e vivir” da actividade na Ría do Burgo, recalcou.

Queixas lamentou que a titular de Desenvolvemento Pesqueiro eludira responder ás preguntas formuladas polo BNG  e indicou  que a Consellería do Mar, presente  na Mesa de Control e Seguimento das obras de dragaxe e rexeneración da Ría do Burgo “pode abordar a situación e sobre todo, buscar alternativas porque falta moi pouco para o mes de decembro e polo momento non hai presentada ningunha proposta”, agás cubrir o expediente obrigando á confraría a elaborar os informes e remitilos ao Goberno do Estado.

“As mariscadoras e mariscadores precisan obter ingresos pola súa actividade e mentres non se recupere esta actividade é necesario garantir compensacións económicas”.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG