Acábase de rexistrar no Congreso dos Deputados o GPM (Grupo Parlamentario Múltiple), conformado por: BNG, Junts per Catalunya, Más País-Equo e Compromís.
O GPM constitúese únicamente con criterios operativos e non por afinidade política ou ideolóxica. Funcionará, por tanto, de facto como un grupo mixto, onde cada partido é independiente e ten visibilidade propia.
Do que se trata é desagregar un grupo mixto que do contrario contaría con 21 deputados e deputadas e 11 partidos, o que dificultaría a nosa actuación e restaría visibilidade á Galiza. Para iso é preciso poder cumprir os estritos criterios estabelecidos no regulamento do Congreso (neste caso superando os 5% de votos no conxunto do Estado).
A presenza do BNG neste grupo, en función das circunstancias, pode mesmo ser temporal. Trátase de garantir a mellor posición posíbel para defender os intereses da Galiza.