O BNG condena o golpe en Paraguay

A Executiva Nacional do BNG acordou, na súa reunión deste luns, condenar o golpe de Estado perpetrado en Paraguay e chamar ao restabelecimento da democracia naquel país.

Para o BNG, a destitución de Fernando Lugo como presidente de Paraguay significa violar a vontade popular expresada nas eleccións de 2008. Tal e como acontecera en Honduras en xuño de 2009, de novo o golpismo ameaza os procesos de transformación e cambio social que os pobos de América Latina veñen apoiando sistematicamente nas urnas.

Detrás deste golpe se achan os mesmos sectores sociais que, co apoio do imperialismo norteamericano, sustentaron en tempos a ditadura de Stroessner, isto é, a oligarquía latifundista que abomina de calquer cambio favorábel ás maiorías sociais.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG