O BNG co Pobo Saharaui

SAHARAUI 002A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, amosou hoxe o respaldo do BNG á causa do Pobo Saharaui no encontro mantido no Congreso co Presidente da República Áraba Saharaui Democrática e Secretario Xeral do Frente Polisario, Mohamed Abdel Aziz.

Este encontro foi organizado polo Intergrupo Parlamentar Saharaui do que forma parte o BNG, representado na deputada nacionalista, Rosana Pérez.

O alto mandatario saharaui participa na 39 Conferencia Europea de Apoio e Solidariedade ao Pobo Saharaui que se desenvolven ao longo desta fin de semana en Madrid, e no que participarán representantes do BNG como é a deputada no Parlamento galego, Montse Prado.

SAHARAUI 005Desde sempre, o BNG se situou ao lado da causa saharaui apoiando o dereito inalienábel do pobo saharaui á autodeterminación e á independencia, pedindo o fin das sistemáticas violacións dos dereitos humanos que Marrocos practica nos territorios ocupados do Sáhara Occidenta. O BNG comparte a exixencia de cese imediato da represión que sofre o pobo saharaui, a liberación dos presos políticos saharauis e a necesidade de que se recoñezan los lexítimos dereitos políticos e xurídicos do pobo saharaui, recoñecidos polas resolucións da ONU.

Non esquece o BNG a responsabilidade que ten o estado español para co Pobo Saharaui e por iso lle demanda unha posición de maior ímplicación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG