parlamento galego

BNG centra o vindeiro pleno no deterioro da Atención Primaria, o fracaso do PP en materia de vivenda e a falta de planificación en I+D+i

Luís Bará
Luís Bará
 Luís Bará avanzou que o BNG volverá a reclamar, a través dunha proposición de Lei, a transferencia da xestión do litoral

Tras a reunión da Xunta de Portavoces para elaborar a orde do día da vindeira sesión plenaria, o  viceportavoz do BNG, Luís Bará avanzou que a portavoz nacional, Ana Pontón  preguntará ao presidente Rueda sobre a situación da sanidade pública, e nomeadamente as deficiencias na Atención Primaria.

Bará explicou que o BNG centrará o vindeiro pleno en tres  eixos da máxima preocupación da sociedade galega relacionados coa calidade de vida, saúde e igualdade entre todos os galegos e galegas. Neste sentido, anunciou que o BNG interpelará ao goberno sobre vivenda e ciencia ante o grave deterioro que soportan.

Moitas comarcas do País, explicou o nacionalista  están nunha grave situación sanitaria e acentuada  nas últimas semanas con protestas na Mariña e  como consecuencia da “falta de previsión e planificación” da Xunta do Partido popular. Na actualidade, recalcou,  esa situación é produto dos continuos recortes durante 14 anos do goberno do PP e   “non e resolve con parches e cambiando ao persoal sanitario de centros de saúde”. Urxe incrementar os medios e persoal e mellorar as  condicións laborais dos traballadores e traballadoras da sanidade, sentenciou.

Fracaso da política de vivenda da Xunta

O viceportavoz do BNG tamén se referiu aos “anuncios e ocorrencias” de última hora do goberno do PP coa  intención de cometer “unha falcatruada” a través da lei de acompañamento para atribuír todas as competencias aos concellos nunha “clara pinza coa patronal”  e boicotear así a declaración de zonas tensionadas como demandan moitas cidades e concellos que cumpren os requisitos necesarios para seren declaradas zonas de mercados residenciais tensionados e poder tomar medidas de control da suba de prezos, neste momento "totalmente disparados”.

Falta de planificacion en I+D+i

A deputada Olalla Rodil, dixo Bará, será a encargada de interpelar á conselleira de Industria pola baixa execución orzamentaria, retraso nas axudas e sobre unha situación de “parálise” da consellería dende a marcha do anterior conselleiro, Francisco Conde.

Por outra banda, o BNG  tamén levará ao pleno as deficiencias do transporte público por estrada en Galiza derivadas da mala xestión da Xunta e dos incumprimentos dos contratos das principais concesionarias, “adxudicados pola Xunta, sobre todo a unha empresa que copou todo o mercado”. Bará denunciou que nas estacións de autobuses do Eixe Atlántico un gran número de persoas usuarias non poden utiliza o servizo porque non hai autobuses dispoñibles.

Entre as mocións destacou, a relativa a un modelo enerxético alternativo fronte a “parálise e inseguridade xurídica” que provocou o goberno do Partido popular ao sector por decisións “precipitadas e equivocadas” e a demanda de medidas ante a baixa  produtividade na actividade marisqueira das rías galegas.

Finalmente, tamén se referiu á proposición non de lei para reclamar as competencias en materia de xestión do litoral porque dende o BNG, entendemos que esta pode ser unha vía de saída ao conflito creado pola   “irresponsabilidade da Xunta e do Goberno central” que mesmo presentou un recurso de inconstitucionalidade e o PP levou a súa aprobación  en Galiza  sen  acordos.  

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG