O BNG celebra a legalización de Sortu e agarda que o Estado respeite a sentenza do TC

O Bloque Nacionalista Galego celebra a legalización de Sortu –decidida este mércores polo Tribunal Constitucional, que varía así a doutrina estabelecida polo Tribunal Supremo- e salienta que sempre viu na Lei de Partidos un obstáculo para a normalización da vida política en Euskadi.

A legalización constitúe unha boa noticia para tod@s @s demócrat@s porque restitúe o dereito democrático de miles de cidadáns bascos a se expresaren libremente nos procesos eleitorais.

O fiscal xeral do Estado, contra a legalización

Para o BNG, resulta inconcebíbel que a estas alturas do proceso de pacificación en Euskadi o fiscal xeral do Estado afirmase, poucas horas antes de se coñecer este fallo positivo do Tribunal Constitucional, que el non era partidario da legalización.

O BNG celebra que a maioría dos maxistrados do Constitucional superasen esta presión por parte dun cargo, o fiscal xeral do Estado, eleito directamente polo Goberno do Estado.

O BNG agarda que o Goberno español se amose respeitoso ante esta sentenza.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG