O BNG admite avances na Lei de Trasparencia pero cuestiona parte do seu contido

Tereixa Paz

A deputada Tereixa Paz asegurou que o contido foi modificado e avanza na mellora da transparencia pero segue adolecendo de eivas sobre as sancións contra “posíbeis abusos” da Administración e non impide as portas xiratorias

Intervención de Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz lembrou que no debate de toma de consideración da lei de transparencia o BNG formulou unha emenda de devolución do texto por estar “radicalmente en contra do seu contido” e considerala insuficiente para dar resposta ás necesidades de transparencia da sociedade actual pero a pesar de “mellorar substancialmente”, no tramite posterior, incorporando algunhas das emendas da oposición, anunciou que o BNG se abstería na votación por considerar que algúns aspectos da lei "son moi custionabeis".

Tereixa Paz valorou que a lei permita a información sobre as subvencións a empresas para que un volume tan grande de recursos públicos “non quede fora de control” e o avance, grazas as transaccións coa oposición sobre o funcionamento da administración coa obriga de publicar as axendas institucionais de altos cargos. Pero aínda así, dixo, “a lei adoece de eivas”.

Críticas do BNG ao texto

Ademais dos avances polas emendas da oposición e transaccións sobre o bo goberno, dixo a nacionalista, a lei contempla o “silencio administrativo negativo” cando a cidadanía solicita información e iso non conta con ningún tipo de “consecuencia sancionadora” a aquelas persoas que deliberadamente “incumpran o dereito ou vulneran o dereito de información”.

Tereixa Paz

Se de verdade cremos, dixo, que ten que haber unha lei en materia de transparencia debe respectar os dereitos dos cidadáns e o seu dereito a fiscalizar algunha actuación dos poderes públicos e o destino dos recursos públicos.

 Esta é a discrepancia que mantén o BNG con este proxecto de lei, afirmou a nacionalista ao que sumou as famosas “portas xiratorias” e a relación entre o público e o privado. No que atinxe ás “incompatibilidades dos altos cargos”, dixo, mantemos unha emenda para suprimir a compatibilización da actividade docente co cargo público , “agás de maneira puntual” e cuestionamos a limitación para que un cargo público poda volver a unha empresa co que mantivo algún tipo de relación estando ao fronte do goberno. “ Non é o mesmo ter o 10% dun bufete de avogados que un 10 por cento en ACCIONA”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG