O BNG acada a unanimidade da Cámara para restituír a Onda corta de Radio Exterior de España

O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu unha Proposición non de lei para pedir que a corporación de RTVE restitúa as emisións de onda corta de Radio Exterior de España1351557

Pleno.- O parlamentario nacionalista afirmou na súa intervención que a emisora é “un vínculo de familiaridade e unha voz amiga para os españois que están fora” entre os que destacou a mariñeiros, emigrantes e cooperantes para quen a radio resulta “esencial” á hora de proporcionarlles a actualidade informativa sobre o seu país de orixe.

Na defensa da iniciativa Rodas aludiu ás informacións sobre a expulsión de Mauritania da flota cefalopodeira e diversas noticias que mantiveron en todo momento informados aos mariñeiros galegos. Rodas, mesmo leu parte dunha carta remitida por unha monxa misioneira destinada no Congo na que pedía a restitución da onda corta para seguir mantendo un contacto coa realidade política e social, “cortar esta conexión, dixo o nacionalista, é cortar co dereito a conectarse co seu país”.

Pola súa parte, o portavoz de pesca do Partido popular, Xosé Manuel Balseiro cualificou de “error” a decisión de silenciar a onda corta que ofrecía un servizo útil e eficaz sobre todo aos mariñeiros obrigados a pasar longas temporadas no mar e anunciou o voto favorábel do PP á iniciativa nacionalista por considerar que defende o único canal posíbel de sintonizar en calquera parte do mundo.

Daniel Rodas en debate parlamentario

O deputado do BNG, agradeceu o apoio dos grupos parlamentarios así como da Federación de periodistas de España, a Agrupación de palangreiros, diversos colectivos de comunicación e do mar, radioescoitas e organizacións sindicais que defenderon a restitución deste servizo.

Rodas tamén fixo un chamamento a “transformar as palabras en feitos”, en alusión ao acordo parlamentario acadado de “maneira unánime” hoxe no Parlamento para reclamar a emisión en onda corta de Radio Exterior de España.

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG