O BNG acada o apoio para demandar unha solución xusta para os afectados dos bonos do Banco Popular

Francisco Jorquera

O portavoz parlamentario do BNG , Francisco Jorquera defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a demandar do Goberno central, a Comisión Nacional de valores e o Banco de España unha solución que garanta a restitución da totalidade do diñeiro investido polos afectados da “mala comercialización de bonos convertibles do Banco popular”.

Intervención de Francisco Jorquera na comisión de Economía

 O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera explicou que a emisión de bonos convertibles, por parte do Banco popular son un novo exemplo das prácticas de “casino financeiro”, nas que incorreu a banca española polo que instou á Xunta a demandar do Goberno central, a Comisión Nacional de Valores e Banco de España unha solución que garanta a restitución da totalidade do diñeiro investido polos afectados da “mala comercialización” deste produto.

Aprobada por unanimidade a proposición non de lei do BNG

A proposición non de lei nacionalista foi aprobada por unanimidade na Comisión de Economía celebrada hoxe no Parlamento. O deputado agradeceu o apoio de todos os grupos parlamentarios e manifestou o seu desexo de iniciar canto antes as xestións ante o Goberno central na procura dunha “solución xusta” para os afectados. agardamos, dixo, que a iniciativa que hoxe aprobamos non se converta “nun brinde ao sol” e as persoas vítimas da mala comercialización de produtos financeiros poidan recuperar a totalidade dos cartos investidos.

Na súa intervención, o deputado aproveitou para lembrar que aínda existen “10.000 aforradores galegos afectados pola estafa das preferentes e fican 100 millóns de euros sen por devolver”.

Francisco Jorquera

Sobre os bonos do Banco Popular explicou que en Galiza son 1.500 pequenos aforradores con máis de 40 M€ investidos neste produto financeiro E tratase, na maioría dos casos de persoas cun perfil moi semellante o das vítimas da estafa das participación preferentes, “persoas maiores, aforradoras e non investidoras, sen formación en produtos complexos nin información completa e veraz sobre as características do produto que adquirían”.

Jorquera explicou que tras varios vencementos do produto, os afectados enfróntase á perda da maior parte dos seus aforros dado que o prezo da conversión da acción está fixado en 17,61 euros cando a súa cotización non alcanza aos 3,33 euros o que implica unha perda do capital inicial do 80% que segundo o Banco, descontados os intereses cobrados quedaría arredor do 35%. O Banco propón nese momento unha nova “fuxida cara adiante” pedíndolle ao clientes que fagan un novo depósito a prazo fixo de catro a cinco anos ofertándolle un interese entre o o 2% e o 5% así como modificacións nas condicións dos prestamos e hipotecas, solución que en “ningún caso garanten a recuperación do diñeiro investido”.

Comisión de Economía

O Banco Popular, engadiu Jorquera, en troques de ofertar unha solución aos clientes “oferta unha solución para si mesmo” sorteando os problemas que a mala comercialización dos bonos poida acarrear.

O deputado do BNG concluíu afirmando que é “de xustiza” que as adminsitración públicas se impliquen á hora de procurar unha solución xusta que evite a perda dos aforros a un importante número de pequenos aforradores do noso país. “A inciativa nacionalista aprobada hoxe “por unanimidade” no Parlamento galego vai nesa dirección”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG