O BNG acada o acordo para constituír a mesa de diálogo c@s traballadores de Pellejero e Hijos

A deputada Montse Prado pediu constituír a mesa de negociación coa presenza de responsábeis da Xunta para manter as condicións laborais dos traballadores da empresa Pellejero e Hijos encargada do transporte de residuos urbanos de SOGAMA e sobre a que existía unha  ameaza de despido de 69 traballadores e traballadoras

Montse Prado

Pleno.- A deputada do BNG, Montse Prado, tras saudar aos traballadores da empresa Pellejero e Hijos de transporte de residuos urbanos de SOGAMA presentes no debate na tribuna de convidados e sobre os que existía ameaza da perda de 69 postos de traballo pediu que o Conselleiro de Traballo escoite “a súa situación”.

Na súa intervención, a través dunha moción, a deputada defendeu “ que o Parlamento inste ao Goberno central a derrogación dos decretos que provocaron a diminución de salarios, priorizar a erradicación da escravitude laboral, realizar todas as accións para que a Inspección de Traballo denuncie a explotación laboral, así como a vixiancia das horas de traballo, horas extraordinarias e condicións de hixiene e sinistrabilidade. A moción tamén contemplaba un terceiro punto para a constituír unha mesa de diálogo con representantes da Xunta, Copasa, nova concesionaria de transportes de residuos urbanos de SOGAMA, e antigos traballadores da empresa Pellejero e Hijos para que non queden na rúa ningún dos traballadores/as e se manteñan as condicións laborais e salariais.

Non é de recibo, dixo, a parlamentaria, que unha empresa pública saque a concurso unha nova contrata sen ter en conta as condicións dos traballadores e traballadoras que prestaban ese servizo polo volveu a pedir un compromiso da Xunta de Galiza para evitar posibles despidos.

Intervención da deputada do BNG, Montse Prado

O BNG acada o acordo unánime na Cámara galega para constituír a mesa de negociación c@s traballadores de Pellejero e Hijos

Pola súa parte, a portavoz do Partido popular, Cristina Romero pediu a votación da moción por puntos anunciando que só votarían a favor dos referidos a realizar todas as actuación precisas para que o obxectivo prioritario da Inspección de Traballo sexa detectar e denunciar a explotación laboral e crear a mesa de dialogo coa presenza da Xunta, COPASA e @s traballadores da empresa Pellejero e Hijos para manter, como mínimo,as condición laborais e salariais actuais.

Os dous puntos foron aprobados por unanimidade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG