Adán reclama as prestacións para as persoas do “Limbo da dependencia”

Comparecencia de Carme Adán

A deputada denunciou a existencia de 18.106 persoas que non reciben prestación, a pesar de ter recoñecido o grao de dependencia

Carme Adán relata o caso dunha afectada

A deputada do BNG, Carme Adán presentou hoxe ante os medios de comunicación unha Proposición non de lei para debater en pleno a través da cal insta á Xunta a recoñecer a prestación de todas as persoas que se atopan no “limbo da dependencia” facéndose de maneira inmediata a utilización do servizo ou prestación que lle corresponda.

A deputada asegurou que a 31 de decembro do ano 2013, “18.106 persoas” dependentes non recibían prestación en Galiza a pesar de ter recoñecido este dereito polo que reclamou axilizar os trámites para as persoas afectadas que levan “máis dun ano” segundo confirma o informe do Tribunal de Cuentas.

Servizos sociais derrubados polo Partido popular

Feijóo “minte” cando afirma que os servizos sociais están “blindados”, en opinión da nacionalista, o Presidente da Xunta debe rectificar e dicir “derrubados” e nunha situación crítica. O feito de que Galiza encabece o ranking con máis persoas na lista agardando a recibir unha prestación mostra a verdadeira realidade do que está a acontecer.

Comparecencia de Carme Adán

Os servizos non están blindados, remarcou dende o momento que existe un gran número de persoas que seguen agardando pola RISGA e as axudas de Emerxencia, agardamos, dixo, que o acordo parlamentario da última sesión plenaria para axilizar os trámites chegue pronto a todas esas persoas.

Non sabemos se existe o limbo cristián pero o da dependencia si

O limbo da dependencia, explicou, é o nome co que definen @s traballador@s sociais a esas persoas que reciben no seu domicilio unha carta que notifica o recoñecemento do seu grao de dependencia e o dereito a determinados servizos. Máis logo, engadiu, pasan os meses e a persoa debe agardar a que lle sexa concedido.

Por outra parte, matizou, dependendo do tipo de servizo os períodos de demoras poden alongarase ata un ano e puxo como exemplo o caso dunha afectada á que lle foi recoñecido o dereito á atención no fogar baremada con grado 3 e que debeu agardar “máis dun ano”.

Adán denunciou que o “limbo da dependencia” está a provocar graves consecuencias para @s afectad@s e as súas familias polo que reiterou iniciar medidas urxentes. Galiza está no terceiro posto, “á cabeza” a nivel estatal de persoas que a 31-12-2013 non recibiron prestación.

O BNG recomenda un “Master acelerado de Igualdade” para o Executivo de Rajoy

bart-simpson-cidadaníaAnte as declaración sexistas emitidas por varios membros do Goberno de Rajoy, ( a última do Ministro García Margallo), a deputada do BNG recomendou, aproveitando o período vacacional, celebrar un “Master acelerado de Igualdade” teórico e práctico e que repitan mil veces no encerado, parodiando a Bart Simpson, “as mulleres non son propiedade dos homes nin seres cos que sexa difícil debater”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG