- A portavoz de pesca do BNG, Montse Prado critica o modelo actual que obriga á flota galega a tirar o mar a xarda morta mentres outras flotas péscana en augas galegas e véndena nas lonxas galegas
O BNG censura a ruína a que está abocada a flota artesanal galega co actual modelo de reparto de especies estratéxicas como a xarda. Este días podemos comprobar como a pesca da xarda está pechada para as artes menores, mentres outras flotas a pescan nas nosas augas, vendéndoa nas lonxas galegas e a flota galega tena que tirar ao mar morta.
Para o BNG, a consellería do Mar non está a defender os dereitos da flota galega e consinte un modelo de reparto que concentra nunhas poucas embarcacións o dereito a poder pescar xarda mentres a maioría da nosa flota de artes menores apenas lle corresponde cota.
Para a portavoz de pesca do BNG, Montse Prado, o actual reparto resulta “inasumíbel” para ademais de ser “inxusto, discriminatorio e non contribúe a un modelo de pesca sostible”, que garanta a actividade para as nosas pequenas embarcacións que son as que xeran un maior número de postos de traballo e realizan un reparto lineal da actividade e da riqueza sen esquilma o mar.
Lembremos que este ano repartíronse un total de 1.020.996 ton, correspondendo ao Estado español 32.466 (despois de descontar as 5.544 ton da multa que pagamos todos por igual) e que outros utilizaron a sobrepesca para aumentar os seus supostos dereitos históricos).
Para as artes menores repartíronse a miseria de 12.000 ton das cales a Coruña, tocoulle 828 ton, encontrándonos que si para as artes do anzó durou dúas semanas para a pesca accidental a pesca durou entre o 20 de marzo e o 18 de abril, E falamos de pesca accidental, obrigando a esta flota a ter que tirar a xarda morta ao mar, non podendo traballar nos caladoiros tradicionais, obrigándonos a non poder largar as nosas vetas, volantillas ou miños mentres outras embarcacións doutras comunidades pescan con total tranquilidade e venden a mellor prezo.
O BNG reponsabiliza desta situación á conselleira Rosa Quintana e a Feijóo por asumir un modelo pesqueiro, dende o ano 2014, que deixa sen dereitos a nosa flota artesanal e a condena a unha actividade ilegal provocando o abandono da actividade e a ruína.
A deputada do BNG, Montse Prado preguntará na vindeira comisión de pesca, prevista para o xoves 11 de maio, polos ingresos das embarcacións galegas en contraposición a das outras comunidades, cantos días puido faenar unha embarcación adicada á pesca dirixida e se a Xunta trasladou algunha queixa ao Goberno central polo novo modelo de reparto da pesquería da xarda que claramente discrimina á flota galega.