Dúas candidatura concorren á renovación dos cargos de dirección do BNG na XV Asemblea Nacional

O prazo de presentación de candidaturas para a renovación dos órganos de dirección do BNG finalizou ás 19:00 horas do luns 21 de febreiro coa presentación de dúas listas que concorrerán á Asemblea Nacional do 28 de febreiro para someterse á consideración da militancia, que se celebra baixo o lema Autoorganización, autogoberno, autodeterminación.

A militancia nacionalistas durante unha asemblea nacional

Por un lado, a candidatura proposta polo Consello Nacional do pasado sábado, que encabeza Ana Pontón e, por outro, a candidatura presentada por un grupo de vinte militantes, que encabeza Carlos Branco.

Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos. Cabe a posibilidade de chegar a unha candidatura de consenso ou que ambas se sometan a votación, circunstancia na que, como marca o regulamento, a distribución das persoas que pasarían a integrar os órganos de dirección do Bloque sería de xeito proporcional aos votos obtidos.

Axuntamos candidaturas.

CANDIDATURA CONSELLO NACIONA ENCABEZADA ANA PONTÓN

CANDIDATURA CONSELLO NACIONA ENCABEZADA POR CARLOS BRANCO

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG