Ana Miranda aconsella a chancerelesa visitar unha explotación gandeira e probar o leite galego para que coñeza a súa excelencia e os problemas do sector
O BNG emprazou hoxe a Rajoy e Feijóo a mudar a axenda da visita a Santiago da chancerelesa alemá, Angela Merkel e introducir como tema fundamental a grave situación do sector lácteo galego afectado polas multas por sobreprodución, baixada de prezos, alugueres de cotas e veto ruso.
Na comparecencia ante os medios de comunicación, a deputada do BNG, Tereixa Paz, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o Coordinador de sectores gandeiros da Federación Rural galega, (FRUGA), Elías Somoza, denunciaron o acoso ao que está a ser sometido o sector por decisións políticas do Partido popular contrarias aos intereses dos gandeiros galegos.
Axenda de Merkel en Santiago con Rajoy e Feijóo para resolver o futuro de Cañete de De Guindos
Ante a visita de Merkel a Santiago, a deputada do BNG, Tereixa Paz emprazou a Mariano Rajoy e Feijóo a mudar a axenda e introducir o problema do sector lácteo galego ameazado por multas por sobreprodución, alugueres fraudulentos de cotas e inasumibéis baixadas de prezos na produción.
Ulos os contratos de negociación cos gandeir@s galegos, onde están os 700 millóns de euros para investimentos no plan estratéxico do sector lácteo preguntou a deputada. O único que temos, dixo, é un banco de terras crioxenizado polo Partido popular concentración parcelarias paralizadas polo que volveu pedir a Rajoy, Merkel e Feijóo que aborden a grave situación do sector.
O que sabemos da axenda dos mandatarios é que tratarán de resolver o futuro de dous representantes do Partido popular en cargos da Unión europea, pedimos que traten o sector lácteo galego coa Sra. Merkel e se preocupen menos por Cañete e De Guindos.
Asemade, a nacionalista denunciou o pánico que, ao seu xuízo, intencionadamente sementan no sector a Ministra de Agricultura e a conselleira de Medio Rural a respecto dunha posible supertaxa ao remate da campaña.
Por outra parte, tamén denuncio que catro listos especuladores segan facéndose de ouro a conta dos gandeiros galegos e demandou un control público sobre o mercado fraudulento e clandestino de aluguer de cotas.
A FRUGA reclama non aplicar a supertaxa e un aterraxe suave da fin de cotas europeas
Elías Somoza asegurou que a situación do sector ven definida pola ameaza da supertaxa e baixada dos prezos dende o inicio da campaña o 1 de abril do 2014. A supertaxa, explicou, foi unha multa que condicionou a moitas explotacións nos anos 90 sobrepasamentos que logo foron paliados co aumento da cota destinada ao Estado español, pero a día de hoxe, o actual sistema de cotas remata o 31 de marzo do 2015 e xa non teremos maneira de regular as producións lácteas na Unión Europea.
As explotacións galegas, recalcou, fixemos importantes esforzos e neste momento hai países que están a pedir un aterraxe suave das cotas e non aplicar a supertaxa, sen embargo, o Estado español está a traballar na dirección contraria.
Somoza lembrou que en Galiza existen preto de 10.000 explotacións sendo ademais primeira potencia produtora do Estado español pero @s gandeir@s galegos non teñen ningunha capacidade para decidir o prezo do leite polo que reclamamos que se convoquen as mesas interprofesionais.
O representante da FRUGA concluíu a súa intervención censurando a deixadez da Consellería de Medio Rural para resolver os problemas do sector lácteo galego.
Ana Miranda recomenda a Merkel probar o leite galego
Finalmente, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda aconsellou a mandataria alemá probar o leite galego para comprobar a súa excelente calidade pero tamén que é un dos peor pagados de toda a Unión europea.
Para Ana Miranda, as administracións non están a defender o Bruxelas, as baixadas de prezos das industrias, a ameaza de multas por supertaxa, o veto ruso e o reposicionamento dalgúns países europeos no mercado do leite deixa ao noso sector nunha situación moi complicada lamentou.
Miranda anunciou que o BNG presentará diversas iniciativas ante os responsábeis da negociación común do leite, porque o sector lácteo galego crea postos de traballo e ten futuro e como tal, dixo, merece un trato diferente.
A portavoz nacionalista galega en Europa avanzou que o BNG reclamará en Bruxelas a aterraxe suave das cotas para impedir que Galiza nos se converta nun país dos excedentes de leite doutros lugares.