Tereixa Paz acusa ao Conselleiro de Industria de repetir argumentos baleiros de contido e solucións.
A deputada non acadou ningunha resposta do titular de Industria sobre as previsións da Xunta ante a situación da empresa na interpelación ao conselleiro de Industria, Francisco Conde sobre as accións previstas pola Xunta para resolver a situación preconcursal da empresa Alimentos Lácteos S.A
Trala intervención do titular de Industria que afirmou estar intentando concretando os esforzos para a actividade e unha axeitada resposta á débeda e concretar un plan de negocio, a deputada do BNG replicou que esa resposta era idéntica a ofrecida polo director xeral do IGAPE en Febreiro do 2013, nada de nada.
Isto, dixo, Tereixa Paz, xa o sabiamos hai tres anos cando vostedes decidiron que fosen unhas cooperativas sen ningunha experiencia as que se fixeran cargo de Alimentos Lácteos, os traballadores e gandeiros tamén o sabían e agora vén vostede, ironizou, a dicirnos que fai falta recoller entre 150 e 200 millóns de litros de leite ao ano para que sexa viable, xa o sabiamos tamén, reiterou, porque, explicou, esa é a capacidade produtora da planta pero o que vostede non di é cómo ten pensado garantir a recollida desa cantidade.
Os traballador@s de Produtos Lácteos maniféstanse diante do Parlamento
A parlamentaria aludiu aos traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos que coincidindo co debate manifestábanse nas inmediacións do Parlamento e afirmou que a Xunta aínda non confirmou o pago aos provedores non lácteos.
Para a deputada, os argumentos do conselleiro non tranquilizan ao colectivo de traballadores porque a intención da Xunta,dixo, é rebaixar o leite aos produtores, extremo que Conde non negou.
Os produtores seguen sen percibir cantidades polo leite entregado
Tereixa Paz preguntou que vai pasar no futuro inmediato coa empresa e quén a vai fornecer de leite tendo en conta a actual situación das tres cooperativas que lla subministraban e que nos últimos tempos reduciron considerablemente o seu número de socios pola acumulación de débedas.
A deputada tamén preguntou se agora a gran solución do Sector Lácteo estará en México trala visita de Feijóo ao país azteca e reprobou as xustificación do conselleiro de Industria sobre as necesidades financeiras nunha entidade que no primeiro ano de funcionamento tivo unha perda de catro millóns de euros, non sei que nos ven contar vostede aquí, concluíu.