Tereixa Paz: "A Xunta repara as ilegalidades e as decisións erronéas con cartos públicos"

A deputada advirte que a indemnización a Pescanova pola planta de Touriñán abre a porta a futuras reclamacións como a dos construtores de Barreiros que solicitan 140 millóns de euros

Tereixa Paz  en Comisión

A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Administración xeral sobre o papel da Asesoría Xurídica da Xunta nos procedementos xudiciais e as consecuencias da indemnización a Pescanova por unha decisión “errónea” do Goberno galego.

A parlamentaria aludiu á recente sentenza do Tribunal Supremo derivada do recurso sobre a suspensión da planta acuícola de Touriñán que recoñece a indemnización de 1,1 millóns de euros por parte da Xutan á empresa Pescanova, a pesar da falta de investimento da empresa na zona. A Xunta, afirmou a nacionalista, “repara unha ilegalidade con cartos públicos”.

Asemade advertiu da importancia deste caso xa que, ao seu entender, “ constitúe un procedemento para futuras reclamacións” como a suscitada polos construtores de Barreiros na que reclaman o pago de 140 millóns de euros, contía que consideran deixaron de cobrar despois de ter decidido a Xunta suspender o proxecto.

Tereixa Paz na súa intervención non cuestionou a capacidade dos letrados e letradas da Asesoría Xurídica da Xunta, sen embargo, asegurou que resulta “chamativo” que a propia sentencia explicite a falta da proba pericial que debía ser aportada para poñer en tea de xuízo a “lexitimidade da reclamación de Pescanova”.

Tereixa Paz en Comisión

A parlamentaria amosou a súa preocupación por unha sentencia que, a marxe do carácter cuantitativo a pagar a Pescanova, sitúanos, dixo, nun escenario irregular, “cun goberno que decide non respectar a normativa en materia medioambiental e no momento de reparar esa esa errática decisión, é a costa do desembolso do erario público”.

Neste sentido, lembrou que recentemente foi publicada unha información que confirma a intención das empresas que se consideran prexudicadas pola decisión da Xunta de Galiza ao anular o plan de Barreiros e que reclamarán 140 millóns de euros “que deixaron de gañar” e que agora, debemos pagar todos os galegos e galegas outra decisión errónea da Xunta de Galiza.

“A reparación da ilegalidade por parte da Administración, conleva este tipo de desembolsos públicos”, concluíu.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG