Tereixa Paz pide declarar “persoa non grata” á directora do Fondo agrario por ameazar os gandeiros

A parlamentaria lamentou que a directora xeral, Patricia Ulloa non respondera á pregunta do BNG sobre o “paquete lácteo” e aproveitara para botar a culpa ás organizacións profesionais lácteas, culpabilizar os gandeiros de non cumprir as condicións e proferir ameazas contra os/as produtores/as

Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz pediu hoxe “o cese ou dimisión” da directora xeral do Fondo de Garantía Agraria, Patricia Ulloa ademais de nomeala “persoa non grata” na Comisión de Agricultura por “botar as culpas” ás organizacións profesionais lácteas, culpabilizar os gandeiros de non cumprir as condicións e ameazar aos produtores e produtoras da crise do sector. Pola súa parte, PSdeG e AGE sumáronse á petición da nacionalista.

No debate sobre as actuacións previstas pola Xunta na redacción do borrador do decreto do “paquete lácteo”, a autora da iniciativa criticou a intervención de Ulloa da que dixo, “hai que ter cara para vir aquí a presumir das axudas da nova PAC europea cando non foron quen de defender ante o Ministerio que os gandeiros galegos saíran minimamente beneficiados”.

Vostedes non fixeron nada para modificar a produtividade da terra, modificar a situación dos prezos, e sobre todo, para impulsar a industria láctea en Galiza. Ademais, veu vostede aquí a “ameazar aos gandeiros”. No mes de febreiro do ano pasado, explicou Paz, xa os ameazaron coa supertaxa e dende comezos da campaña volveron a a ameazar coa sobreprodución polo que retou a directora xeral a dar “os datos da supertaxa e a canto ascende”. A consellería, engadiu, comezou falando de 300.000 tn “que é un pastizal” e seguiron ameazando aos gandeiros aos que obrigaron a matar vacas e a alugar nun mercado especulativo as cuotas para que o final “non haxa taxa ou sexa insignificante”.

Tereixa Pazen Comisión

Non lle pida aos gandeiros que maten máis vacas, dixo a nacionalista e tampouco diga que están preparando Galiza para competir despois das cotas como o resto dos países europeos cando en “Francia, Holanda ou Dinamarca levan moitos anos traballando en distintos ámbitos e lévanos moita vantaxe”.

Galiza está entre as dez maiores produtoras lácteas de Europa e coas súas políticas corremos o risco de “ser prescindíbeis”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG