Tereixa Paz : “ Os gandeiros e gandeiras piden prezos xustos, non esmolas"

Iintervención de Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz lembroulle á conselleira de Medio Rural que o acordo do Ministerio de Tejerina non é o mesmo que o francés e que aos produtores que leron o documento “non lles parece tan histórico” como presume o PP

Tereixa Paz dirísexe á conselleira dende a tribuna

Tras a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana para informar da situación e medidas propostas por Europa e o Goberno central para o sector lácteo, a parlamentaria do BNG, Tereixa Paz insistiu en que os “gandeir@s piden prezos xustos e dignos, non esmolas”.

Na intervención, a nacionalista explicou que a diferenza entre o Goberno francés, español e galego é que á Xunta a palabra intervención prodúcelle “alerxia” a pesar de ser unha intervención que non vulnera as normas da competencia. Vostedes, dixo, escúdanse sempre detrás da Comisión Nacional dos mercados da competencia e pola contra, hai estados como “Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, Dinamarca ou Reino Unido que interveñen cando detectan unhas décimas de febre no seu sector lácteo”. Vostedes, “aínda que vexan ao sector ao borde da hipertermia, non lles parece oportuno nin sequera receitarlle Paracetamol”.

A proposta do Ministerio non resolve o problema dos prezos do leite

Os gandeiros, dixo a deputada, non din que esta proposta de acordo do Ministerio resolva todos os seus problemas porque hai cuestións que se se concretan a través dun Real decreto ou dun contrato con criterios para a fixación dos prezos nos distintos estamentos da cadea de valor que poden ser un avance do reparto equitativo do valor do leite, pero tal e como está redactado, “isto non vale para nada”, é papel mollado, remarcou.

Iintervención de Tereixa Paz

Por outra banda, a deputada lembrou que foi a propia conselleira na que na súa intervención afirmou que habería que ir concretando os acordos do documento polo que preguntou cánto está disposta a agardar a Consellería de Medio Rural e o Goberno galego para darlle concreción o devandito documento.

Eu, dixo, non acabo de ver como se vai establecer un prezo sustentábel para as explotacións e con que garantías. As persoas que teñen que tirar o leite están a comprobar como a día 15 de setembro seguen debatendo este problema. Vostede non dixo cando o Ministerio dará esas garantías, e “iso é o que lle demanda o sector”.

Os gandeiros non queren volver as súas casas sen a garantía de que que a partir de agora os prezos para o seu leite sexan “xustos e suficientes para remunerar o seu traballo”.

O que teñen que dicirlle aos gandeiros e gandeiras é que vai facer a Xunta de Galiza e que lle vai pedir ao Goberno do Estado ou se o Goberno galego vai continuar con esa “submisión lamentable” defendendo só os intereses do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG