Seminario: Alternativas para o sistema financeiro galego

A Fundación Galiza Sempre organiza o Seminario Alternativas para o sistema financeiro galego. As actividades terán lugar o día 3 de Outubro (Xoves) no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas da USC, en Santiago de Compostela.

PROGRAMA

[09:30 – 10:45] Mesa Redonda: O proceso de desmantelamento do sistema financeiro en Galiza. Causas, consecuencias e perspectivas

Presenta: Xesús Veiga. Presidente da Fundación Galiza Sempre

Xose Luís Gómez, analista político. Editor de Mundo Diario, autor do libro: Como salir de esta

Marcelino Fernández Mallo, economista. Experto no sector financeiro galego

Xan Lopes Facal, economista. Experto no sector industrial galego

[11:00 – 11:45] Palestra: As relacións entre a banca e a economía produtiva. O caso galego

Presenta: Adrián Dios Vicente, licenciado en Ciencias Económicas. Responsable da área de Estudos e Formación da Executiva Nacional do BNG.

Ramón Manuel Yañez Braxe, economista, profesor na UDC. Autor do libro: As relacións banca-industria en Galiza

[12:00 – 12:45] Unha alternativa para o sistema financeiro galego, a posición do BNG

Xavier Vence, portavoz nacional do BNG

[13:00 – 14:00] O proceso de desmantelamento das caixas. Unha visión sindical, do Consello de Administración e da Comisión de Caixas

Carme Adán, membro da Comisión de Caixas no Parlamento galego. Deputada do BNG

Clodomiro Montero, CIG-Banca.

Xosé Lois Veiga Lage, membro do Consello de Administración de Caixa Nova e NCG polo Concello de Pontevedra

Organiza: Fundación Galiza Sempre

Colabora: BNG

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG