Rosana Pérez solicita a comparecencia da Presidenta de Paradores polo peche de centros na Galiza

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou hoxe a comparecencia urxente da Presidenta de Paradores de España para que acuda á Cámara a dar explicacións do “duro e salvaxe Plan de peche dos paradores galegos de Ferrol e Verín, o anuncio de peches parciais doutros paradores e a eliminación de centos de postos de traballo”.

A deputada do BNG considera que a responsábel da rede de paradores do Estado debe “explicar na Cámara o plan de peche de establecementos en todo o Estado, e en concreto na Galiza, e a supresión de 644 empregos en todo o Estado”.

O PP non sabe xestionar, só recortar

Rosana Pérez quer que a Presidenta de Paradores diga se “nos dous últimos anos aprobou medidas e plans para atraer demanda e impulsar a ocupación dos paradores. Debe aclarar se se levou a cabo algún Programa destinado a aumentar a ocupación nestes establecementos porque antes de pechar paradores e mandar a máis persoas ao paro se deben adoptar outras medidas”.

A deputada do BNG acompañará estas iniciativas doutras porque se trata dun tema importante, “e outra vítima inxusta dos salvaxes recortes do PP que nos vai deixar sen nada”.

Para a parlamentar nacionalista “a responsábel dos Paradores debe aclarar aspeito como que se queira pechar o establecemento de Ferrol que acumula perdas de 50.000 euros en relación ao ano pasado cando noutros que non se van pechar levan unhas perdas que ascenden a 300.000 euros”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG