A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, defendeu esta tarde no pleno a emenda á totalidade ao proxecto de lei da Acción e do Servizo Exterior do Estado.
Rosana Pérez subliñou que este proxecto de lei limita o exercicio da acción exterior das CC.AA, de xeito que o Estado vai ser o director de orquestra e reserva ás CC.AA un papel de músicos de segunda fila. O Estado, recalcou, pasa a ter a última palabra sobre calquera actuación no exterior, obviando a doutrina do Tribunal Constitucional ou os Estatutos de Autonomía.
Esta lei é máis ben unha resposta á lei de acción exterior aprobada en Catalunya, sinalou. Rosana Pérez afirmou que a sumisión das autonomías á estratexia exterior do Goberno fica patente desde o artigo 3, que define como competencia exclusiva do Estado as relacións internacionais e a supeditación de calquer actuación das administracións públicas, e das CC.AA a que estas actuacións se fagan dacordo coas directrices e obxectivos da política exterior do Goberno.
A deputada do BNG puxo de manifesto que para as CC.AA só se reserva un papel de emitir propostas ao Ministerio de Exteriores. Rosana Pérez acusou ao Goberno de seguer a liña centralizadora e subordinada das CC.AA ao Goberno central ao obrigalas a manter informado ao Ministerio de todas as súa accións.
Rosana Pérez afirmou que é unha lei para controlar as estratexias no exterior das CC.AA. Insólito asemade é que no artigo 12 se contemple a obriga das CC.AA de informar ao Executivo do estabelecemento de oficinas para a súa promoción exterior cando están a exercer as súa competencias e por riba as custean elas con cargo aos seus orzamentos.
Dada a invasión competencial, é polo que o BNG defendeu na sesión plenaria a súa emenda á totalidade.