A Comisión de Fomento aprobou a constitución dunha Subcomisión de Estudo e Análise do Sistema Ferroviario Español, proposta froito do consenso unánime de todos os grupos, e que tamén respaldou o BNG.
A Comisión de Fomento debatía tres propostas de Subcomisións sobre a cuestión ferroviaria. A negociación entre os grupos parlamentares posibilitou o acordo unánime e finalmente se votou unha proposta consensuada.
Máis, na súa intervención, Rosana Pérez deixou claro que o BNG seguirá demandando a constitución dunha Comisión de Investigación para esclarecer as causas do sinistro de Angrois. Temos que coñecer a verdade. Non nos opoñemos a que se estuden as infraestructuras ferroviarias pero consideramos que debería estar centrada no tema do accidente de Santiago de Compostela.
A deputada do BNG afirmou que das tres propostas presentadas por distintos grupos ningunha completa o que o BNG demanda porque insistimos que o que hai que investigar é o sinistro do 24 de xullo.
Rosana Pérez lembrou que a xunta de Portavoces de onte voltou a rexeitar a levar a debate a un Pleno a solicitude do BNG de Comisión de Investigación. Esta é a verdadeira aposta do BNG.
A Subcomisión de Estudo e Análise aprobada esta tarde comporáse de doce membros, entre os cais estará Rosana Pérez. E ten por obxecto a elaboración dun informe a situación das infraestructuras ferroviarias e as propostas de mellora do sistema ferroviario do estado español co fin de lograr maior seguranza, competitividade, plans de emerxencia, cohesión e vertebración territorial.
Os traballos terán unha duración de seis meses.