A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, demandoulle esta tarde á Secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, a retirada da reforma dos graos universitarios para implantar o sistema 3+2 e puxo en cuestión a permanencia da actual equipa ministerial presidida por Wert.
Despois da LOMCE, despois de ter demostrada a incapacidade do Ministerio para chegar a acordos e dialogar non só coas forzas políticas senón cos diferentes sectores sociais e educativos, e de ter enfronte a todo o mundo, cre de veras que deben seguer con esta política? Cre Señora Gomendio que deben seguer no Ministerio?, espetoulle a deputada do BNG.
Rosana Pérez reprochou á Secretaria de Estado que non tomaran nota da tramitación da LOMCE e contra todo y contra todos, o Ministerio actúa con idéntico modus operandi na nova ordenación de ensinanzas universitarias. Afirmou que o RD do 3+2 que se nos vende como un acto de internacionalización, é en realidade un paso de xigante na liberalización e privatización do ensino superior.
Para cando a avaliación do Plan Bolonia?
Para a deputada do BNG dun tiro o Goberno está a matar dous paxaros: por un lado reduce nunha cuarta parte a formación universitaria de grado, quitándose de enriba o molesto e sempre escaso financiamento público dun ano de grado, e por outro, ao reducir os grados e aumentar de un a dous anos os máster, abre a porta ao mercado das insaciábeis universidade privadas, que aumentan cada vez máis o seu alunado e o seu profesorado en detrimento das públicas.
Rosana Pérez tirou por terra os argumentos da Secretaria de Estado baseados en que o máster non é obrigatorio. Cre vostede Señora Gomendio que a preferencia á hora de falar de empleabilidade de licenciados e graduados é a mesma nos casos dos simples graduados que nos que teñen estudos de máster? E a cualificación duns e doutros cre que é a mesma?.
A deputada do BNG recriminou a política de potenciación de universidades privadas e o estangulamento das universidades públicas ao que contribúe moi ben este Real Decreto. Unha norma que ademáis incentiva o tipo de títulos nos que compiten as privadas.
Rosana Pérez puxo de relieve o sinsentido dunha reforma dos grados feita nun momento no que aínda deben convivir varios sistemas e non se fixo ningunha avaliación da implantación do Plan Bolonia. Cuestión que motivou unha das preguntas da deputada do BNG á Gomendio para saber cando pensan facer dita avaliación. Fixo valer o Informe do Consello de Estado que neste tema sinalaba que a falla de estabilidade e os novos cambios non benefician á consecución dunha educación de calidade. Sen esquecer, puntualizou, que o Consello de Estado afirmou que o desexábel sería que se tratase de acadar un acordo entre as forzas políticas e sociais.
Rosana Pérez puxo enriba da mesa un argumento moi compartido pola comunidade educativa porque na práctica, os estudantes pagarán máis por cursas dous anos de máster.
Exemplificou a deputada do BNG con dados de Galiza onde o custe medio dun máster é case o triple que o de grado: 835,80 euros un grado de ciencias experimentais e 1.881,60 un máster na mesma materia. Razón pola que en Galiza só un 8,5% estuda máster. Por iso, recalcou a deputada do BNG, co seu RD están a dar rango legal á exclusión económica do alunado.
Rosana Pérez aportou máis dados como os relativos á perda de estudantes universitarios en Galiza: desde 2009 as universidades galegas perderon 5.053 estudantes, un 7,26% menos. No curso pasado perdemos o 17,7% de bolsas ERASMUS. De verdade pensa que con estes dados as familias aforrarán cartos e aumentarán os estudantes universitarios?.
A deputada do BNG tamén dirixiu unha batería de preguntas a Gomendio enrelación á LOMCE: criticou o apresurado calendario de aplicación que está a provocar numerosos problemas no alunado debido a un calendario tan precipitado. Lembrou que aínda aprobaron os currículos a primeiros deste ano e salientou as negativas consecuencias que isto está a producir no alunado.