Rojo expulsa do Parlamento aos representantes do sector cultural

Unha pregunta da deputada Ana Pontón ao conselleiro de Cultura sobre as redes de programación musical e escénica provoca a expulsión dos representantes do sector convidados ao debate

A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón solicitou hoxe “o amparo” da Mesa do Parlamento ante a negativa do conselleiro de Cultura a responder, no turno de preguntas ao Goberno, a unha cuestión relativa á situación , no inicio do 2013, das redes de programación musical e escénica en Galiza.

Tras reiterar a pregunta en varias ocasións sen acadar resposta algunha do titular de cultura, un grupo de convidados do BNG en representación do sector cultural foi expulsado da tribuna do público por orden da Presidenta da Mesa, Pilar Rojo por “poñerse en pe”.

A parlamentaria do BNG lamentou a expulsión dos representantes da cultura e reprobou a postura de “desleixo” do conselleiro por un sector que está a atravesar unha “grave crise” e que non atopa tampouco respostas as súas demandas.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG