Liñas de financiamento, avaliación de danos e campañas de promoción ante os prexuízos causados no sector marisqueiro, foron algunhas das reivindicacións do nacionalista
Pleno- Tras a comparecencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana, á petición propia, para informar da evolución na produción acuícola e marisqueira ante o episodio rexistrado este outono, coa presenza de biotoxinas nas rías galegas, o deputado do BNG, Daniel Rodas esixiu responsabilidades á titular de Mar polos prexuízos causados e denunciou improvisación e falta de información da administración pública.
O sector vive unha situación dramática provocada polo aumento das importacións, a caída espectacular da demanda de procto para conserva, unha etiquetaxe fraudulenta e a caída de prezo, afirmou o nacionalista.
Esta situación, engadiu é o resultado das políticas impostas polos gobernos do PP ao que agora, debemos sumar a imposibilidade de comercializar a campaña deste ano, pola falla de vendas en agosto e advertiu que as vendas de Nadal tamén están no ar.
A mala xestión dos peches administrativos volven colocar ao sector na picota
Rodas transmitiu á conselleira do Mar a demanda de medidas concretas formuladas polo sector entre as que destacou, liñas de finanzamento, avaliación dos danos e campañas de promoción.
Pola súa parte, a conselleira asegurou que o sistema de control é o que marca a UE e trasladou unha mensaxe de tranquilidade aos consumidores. Con respecto ás importación, dixo, confirmase un maior mercado para o mexillón galego e anunciou unha campaña de promoción para revalorizar o produto. Quintana avanzou que é posible que se producirán algunhas perdidas pero as cousas fixéronse ben e reclamou críticas construtivas.
O nacionalista lembrou que en política non todo vale e cada quen ten o seu pasado en referencia á rolda de prensa de Balseiro e López Veiga, no ano 2006, na que afirmaban que o mexillón tóxico tiña fundido o prezo do mexillón en Italia polo que reclamaban dimisións dos responsables da situación.