Ana Pontón lembrou que da calidade das augas depende a grande actividade económica do marisqueo, pesca e turismo
A deputada do BNG, Ana Pontón preguntou hoxe no Parlamento polas medidas da Xunta para sanear as rías galegas ante os problemas detectados nalgunhas depuradoras.
Sobre a chuvia de millóns anunciadas pola Xunta para resolver o saneamento, a deputada amosou o seu escepticismo e afirmou que non existe unha visión integral, por parte da Xunta, sobre a contaminación por cobre ou o uso insatisfactorio das depuradoras. Feijóo anunciou 1.000 millóns de euros e o único que constatamos é o conformismo da Xunta, pouca visión crítica e a falta de información a este Parlamento das medidas aplicadas.
A Xunta recoñece os problemas e amparase en que hai 25 anos estabamos peor
Pola súa parte, o director xeral de Augas de Galiza,Gonzalo Mosquera reiterou que na actualidade existen 153 depuradoras fronte unha hai 25 anos.
É evidente que hai problemas, sobre todo na ría de Pontevedra, afirmou e a calidade das nosas rías pode ser mellor pero hai moitas obras en execución como a de Vigo, Ribeira, Ferrol, Grove, Gandarío ou Malpica.
A deputada criticou que a Xunta pretenda vender a inversión nestes anos cando en realidade, Galiza é o último país ao que chegan as medidas de depuración, a pesar de contar cunha das rías máis produtivas de todo o Estado.
Hai dous anos a Xunta recoñecía que dous terzos das depuradoras do litoral galego funcionaban mal e preguntou se isto está resolto ou segue pendente. Pontón remarcou que existen zonas nas que o marisco non pode ser vendido directamente.
Por outra parte, tamén ser referiu á ría de Pontevedra con depuradoras en lugares con máis de 2.000 habitantes como Praceres e Poio que non funcionan correctamente e das que a Xunta é responsábel. Van entrar en funcionamento, engadiu, a do Grove, Corrubedo e San Cibrán que xa debían estar en uso no 2014 e temos outro problema na ría de Cee-Corcubión da que solicitamos un informe que Xunta aínda non remitiu o Parlamento.
a
Para a deputada, a Lei de Augas é un fracaso porque non mellora o estado das nosas augas poñendo en grave risco a actividade económica do marisqueo, pesca e turismo.