Montse Prado afirmou que o Partido popular non repara nos dramas persoas d@s afetad@s xustificando medidas contra un dos colectivos máis febles
A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Política de emprego relativa as medidas previstas pola Xunta de Galiza destinadas a favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de máis de 55 anos.
Prado asegurou na súa intervención, que o Partido popular non repara nos dramas das persoas nesta circunstancia laboral e xustifica o Real Decreto a pesar de que os afectad@s non cobran a fin de mes e quedarán sen pensión.
As empresas, grandes beneficiarias das medidas do Goberno
A parlamentaria criticou que para desencentivar o despido de persoas maiores de 55 anos fora necesario condonar os pagos das empresas ao tesouro público, porque para a nacionalista, este proceder só responde á intención do Partido popular de protexer ás empresas que pagarán menos e obterán máis beneficios coas medidas aprobadas.
Por outra parte, dixo, a norma foi aprobada pola brava e sen interlocución algunha.Dende o BNG e o sindicalismo galego a oposición ao Decreto é rotunda por representar un novo ataque aos dereitos dos traballadores máis vulnerábeis.
A nacionalista cualificou de esperpento as políticas do Partido popular en materia laboral que o mesmo valen para eliminar pensións que para negar días de permiso aos traballador@s tras a morte dun familiar, é sangrante a aprobacións de reformas laborais, engadiu, ás que agora hai sumar a exclusión do mercado laboral de traballadores e traballadoras con novas medidas que os aboca a pobreza.
Montse Prado indicou que estas medidas obrigan a depender da familia a moit@s traballador@s e resulta grotesco que a Xunta as xustifique como medidas destinadas a políticas activas de emprego para colectivos de máis de 55 anos, é unha norma inxusta, afirmou que se volve a cebar cos máis indefensos e criticou que, unha vez máis, o representante do Goberno galego non respondera á pregunta formulada polo BNG.
Neste sentido, apuntou que a Xunta non reclama os fondos que lle corresponden para medidas activas de emprego, recibiu o 3,9 por cento cando o número de desempregad@s sitúase no 5,8 por cento, concluíu.