Jorquera denuncio o cambalache pactado polo Partido popular e Partido socialista para renovar o Consello de Contas e da CRTVG e anunciou o voto en contra do BNG a esa "fraude á democracia"
Pleno.- Baixo o lema: Por unha CRTVG pública e independente, o grupo parlamentario do BNG exhibiu na Cámara galega cartaces en protesta pola decisión pactada entre o Partido popular e o Partido Socialista para renovar os órganos estatutarios e Consello de Administración da CRTVG.
No inicio da sesión plenaria, o portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera solicitou da Mesa do Parlamento alterar a orde do día do pleno e suprimir os tres primeiros puntos: A renovación do Valedor do Pobo, a renovación das vacantes do consello de Contas e a renovación dos membros do consello de Administración da Radio e Televisión de Galicia, porque, dixo, discrepamos radicalmente, tanto na forma como no fondo e entendemos que no caso da renovación da CRTVG, faise nuns termos que contraveñen a propia lei. Pola súa parte, a presidenta da Mesa someteu a votación a reclamación do BNG que foi rexeita polo PP e PSOE e apoiada por AGE e grupo Mixto.
Iniciado o pleno coa elección do Valedor do Pobo, Jorquera amosou a súa papeleta coa frase isto é unha fraude á democracia.
Xa no transcurso do debate relativo á elección dos membros do Consello da Corporación da Radio Televisión de Galicia, Jorquera afirmo que compromete a independencia da CRTVG e incumpre a Legalidade.
O portavoz do BNG lembrou que a Lei dos Medios públicos de Comunicación audiovisual de Galicia contempla a elección do director xeral de maneira simultánea á dos membros do Consello de Administración, algo que se incumpre de maneira fragrante.
Asemade, engadiu, resulta un disparate pois ata que o Parlamento aprobe o acordo Marco e a Xunta o contrato programa, os novos membros non poderán tomar posesión.
O parlamentario lembrou que o BNG formulou unha reclamación ante a Mesa do Parlamento sobre a legalidade do proceso , pero unha vez máis,dixo, a Mesa pasa polo forro o cumprimento da Lei polo que anunciou que o BNG non avalará cos seus votos as presas dalgúns por colocar aos seus.
O BNG, recalcou o nacionalista, esixe rigor e que se cumpra a lei e que a CRTVG sexa "pública e non gobernamental. Non apoiaremos co noso voto este atentado contra a independencia da TVG concluíu.