Na mañá de hoxe representantes de formacións políticas integradas na Alianza Libre Europea (ALE), mantiveron unha reunión nas dependencias do Congreso dos Deputados para analisar o traballo realizado no seno de dito partido político europeo durante o presente exercicio.
Ademáis, iniciaron as conversas en torno á conformación futura dunha candidatura conxunta ás próximas Eleccións ao Parlamento Europeo o vindeiro 25 de maio de 2014.
Participantes na reunión de traballo:
Á reunión asistiron os seguintes representantes: o Secretario Xeral da Alianza Libre Europea, Jordi Solé, e a eurodeputada da coalición Europa dos Pobos-Verdes, Ana Miranda (BNG). No encontro participaron os nove representantes de formacións políticas do estado español integradas en ALE, organizacións todas elas nacionalistas, como ERC, BNG, EA, Aralar, Bloc Nacionalista Valenciá, CHA, Nueva Canaria, PSM-Entesa Nacionalista, Partido Andalucista.
Asemade, tamén estiveron presentes o Director da Alianza Libre Europea en Bruxelas, Gunther Dauwen, e a Coordenadora Política, Eva Bidania.