A deputada Montse Prado denuncia a propaganda sistemática da Xunta con plans escaparate a favor dos autónomos e dos emprendedores mentres que, con nocturnidade e aleivosía aproban medidas contra este colectivo que representa o 25% da afiliación á seguridade social e tendo en conta que o 90% do tecido económico do país está composto por microempresas.
O que ía a ser alfombra vermella aos emprendedores converteuse nun conxunto de trabas ao sector, sen acceso ao crédito e agora con subas da cota á seguridade social de ata 60 euros ao mes, ademais de subir a base de cotización e outros gastos como seguros médicos ou o transporte, denunciou Prado na Cámara.
Estas medidas regresivas están a ter un efecto inmediato. En Galiza, 931 autónom@s déronse de baixa en xaneiro e a Xunta debería tomar nota, e hai outro dato significativo: desde que Goberna Feijóo, perdemos 26.800 empregos entre este colectivo de traballadores e traballadoras.
Neste contexto, o BNG demanda a supresión das subas de impostos aos impostos e pór en marcha as modificacións lexislativas necesarias para aprobar unha fiscalidade que os beneficie dada a importancia económica e social deste colectivo. Os autónomos precisan políticas eficaces e non plans escaparate senón política eficaces, concluíu.