Carlos Aymerich acusa ao PP de ter intereses escuros na mina a ceo aberto de Corcoesto.
O deputado do BNG, Carlos Aymerich defendeu hoxe unha Proposición non de Lei en comisión destinada a que o Goberno galego anulara a Declaración de Impacto Ambiental aprobada pola Direción Xeral de Cualidade e Avaliación Ambiental respecto do proxecto de mina a ceo aberto promovido pola multinacional canadiana Edgerwater. Os votos en contra do Partido popular tumbaron a proposta do BNG.
Na súa intervención, o nacionalista acusou á Dirección xeral de Cualidade e Avaliación Ambiental de dar luz verde ao proxecto mineiro de Corcoesto que contempla un depósito de substancias e residuos moi perigosos situado a escasos 150 metros do esteiro do Anllóns.
Para o deputado, a Declaración de Impacto Ambiental é un mero corta e pega do estudo de impacto elaborado pola empresa, o goberno galego renuncia a defender os intereses de Galiza e lle entrega a unha multinacional todo afirmou. Como mostra disto argumentou que o goberno non obriga á empresa a constituír unha garantía financeira que asegure a cobertura diante de eventuais accidentes como recolle o Decreto 455/1996 de finanzas en materia ambiental.
Aymerich lamentou que na votación da Proposición non de Lei o voto en contra do PP impida a retirada da Declaración de Impacto Ambiental xa que abre a porta a un impacto ambiental negativo e sobre a saúde das persoas difícil de calibrar nestes momentos.