O PP rexeita todas as emendas do BNG para aumentar as partidas en Educación

Cosme Pombo en Comisión

Cosme Pombo lamentou que “unha vez máis” o Partido popular sega no camiño dos recortes no ensino galego

Cosme Pombo na Comsión de Orzamentos

O deputado do BNG, Cosme Pombo defendeu hoxe, en sede parlamentar, as emendas nacionalistas aos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e lamentou que, unha vez máis, a maioría parlamentaria do Partido popular impedira que prosperaran.

As emendas do BNG, dixo, propuñan aumentar 700 millóns de euros en base aos ingresos dos que teñen máis recursos, máis patrimonio e os que máis contaminan, ingresos destinados a aumentar os orzamentos de Cultura e Educación.

O nacionalista criticou o “entusiasmo” do Partido popular á hora de defender un orzamento que cualificou de “insuficientes” e lembrou que o propio Comisario europeo de dereitos europeos na súa recente visita a Galiza advertiu dos resultados tralos recortes aplicados e que afectan gravemente á infancia que sofre as consecuencias ao perder o dereito á “igualdade de oportunidades”.

O ensino, dixo, sofre outra vez máis recortes novamente pero aínda así, o “Partido popular está moi contento” porque a súa intención é privatizalo, subvencionar os colexios segregadores, que a LONCE pretenda dar legalidade a uns centros que carecen de “equidade” e seguir reducindo medios e recursos en educación.

O parlamentario do BNG defendeu que o alumnado reciba a educación en centros adecuados e cos recursos necesarios para acadar a formación que precisan porque “eles e elas son o futuro” e os recortes o único que están a conseguir é a exclusión da educación ao alumnado con menos recursos.

O deputado, reiterou que os orzamentos para o ano 2014 son “inxustos, antisociais e non serven para loitar contra o paro nin impulsan a recuperación económica e social de Galiza”.

Cosme Pombo concluíu a súa intervención afirmando que os orzamentos do PP seguirán a traer “máis paro e recesión económica e menos cultura, educación e Ordenación Universitaria”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG