Francisco Jorquera defendeu unha Proposición non de lei para retirar as sancións e devolver os cartos as persoas afectadas pola estafa das preferentes
O proceso de sancións aos afectad@s das preferentes por ter participado en manifestacións de protesta contra esta estafa seguirá o seu curso ao votar en contra hoxe o Partido popular desfavorabelmente a iniciativa do BNG que propuña a súa retirada.
Na intervención, o portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera tamén solicitou a devolución das cantidades adebedadas aos estafados por este produto bancario.
Jorquera criticou a campaña de persecucións ás persoas estafadas e reiterou a súa petición da retirada de sancións e o cumprimento da resolución unánime do Parlamento galego para instar a Xunta à restitución do diñeiro investido.
Para o deputado, as sancións obedecen a intención do Partido popular de amedrentar a este colectivo e coaccionalo para que cesen nas súas protestas pacíficas.
Polo contrario, o Goberno merca camións con chorros de auga para disolver as manifestacións como anticipo da Lei de Seguridade Cidadán e cosen a multas ás persoas que reclaman os seus dereitos nas rùas.
Jorquera enumerou diversos casos de persoas multadas entre os que destacou o dunha muller necesitada de andador para camiñar e acusada de grave perigo potencial.
En resposta ao deputado nacionalista, o voceiro popular, Pedro Puy insistiu en que a arbitraxe está a resolver a devolucións dos cartos investidos ao que Jorquera respondeu que este sistema non da resposta a todos os casos porque hai un 40% de casos pendentes.