O PP rexeita a proposta do BNG contra a reforma da planta xudicial

Tereixa Paz alude as dificultades da poboación do rural para acceder á Xustiza se desaparecen os partidos xudiciais

A portavoz de Xustiza do BNG, Tereixa Paz defendeu paralizar a proposta de modificación da demarcación xudicial proposta polo Ministro Gallardón que provocará graves prexuízos como xa denunciaron os profesionais dos diferentes estamentos de Xustiza.

Tereixa Paz asegurou que as medidas do Partido popular “camiñan na mesma dirección para constituír unha xustiza de elite” destinada aos que teñen ten recursos para acceder a ela e cada vez máis distanciada fisicamente e de acceso da “tutela dos dereitos da cidadanía”

Para deputada, a intención do PP é deteriorar a Xustiza para a súa privatización iniciada xa coa aplicación de “taxas xudiciais”.

Paula Prado manipula a resposta de Gallardón ao BNG no Congreso

Ante as afirmacións da portavoz do Partido popular, Paula Prado en relación á resposta do Ministro de Xustiza á deputada nacionalista do BNG, Olaia Fernández Davila no Congreso, Tereixa Paz desmentiu que Gallardón confirmara que non desaparecerían os partidos xudiciais e leu a “acta da comisión” na que o ministro confirmou que a “proposta dos expertos suxire a creación de Tribunais de Instancia en sede provincial” así como que os partidos xudiciais “operarán aínda que poderán utilizar criterios de racionalización e especialización” porque o modelo “está esgotado”.

Para a nacionalista a “ambigüidade” do ministro, na comisión, coincide coa que mantivo no Pleno ao afirmar que “non se poden desperdiciar as sedes xudiciais” o que non quer dicir, explicou, que negara a “eliminación dos partidos xudiciais”.

A nova medida provocará graves prexuízos á cidadanía

Sobre a situación de Vigo, Paz asegurou que aínda que a Xurisdición do mercantil ficara nesta cidade, isto non garante que a cidadanía viguesa non teñan que xestionar asuntos civís no Tribunal de Instancia e preguntou se ese mesmo criterio será utilizado en Ourense para manter o Tribunal de Instancia do Contencioso na cidade e obrigar a 300.000 habitantes a resolver os asuntos civís en Trives?.

A deputada cualificou a proposta de Gallardón de “empanada mental” que afasta aos cidadáns da Xustiza porque é unha medida que non vale para Galiza , concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG