Cosme Pombo pide que Galiza tome exemplo de Canarias e Cataluña onde si existe esta titulación
O portavoz de educación do BNG, Cosme Pombo lamentou hoxe o voto desfavorable do Partido popular para implantar na FP á titulación de grao medio de Técnico deportivo en Socorrismo e Salvamento.
Na súa intervención, na comisión de Educación celebrada hoxe no Parlamento galego, o deputado explicou que Galiza conta con 1.500 Qm de costa, é coñecida como o país dos 1.000 ríos ademais de espazos naturais, piscinas, encoros e unha grande tradición mariñeira polo que pediu á Xunta iniciar as xestións necesarias para implantar na FP o grao medio de Técnico deportivo como xa acontece en Cataluña e Canarias.
O parlamentario lembrou que para o funcionamento de calquera piscina debe existir persoal de socorrismo de forma permanente e os concellos ser garantes da seguridade en lugares públicos, a potencialidade do Termalismo no noso país e o turismo de auga, tamén precisa de socorristas, engadiu.
En Galiza non se ofertan as dúas titulacións de Salvamento e Socorrismo a pesar da súa lonxitude de costa, unha das máis extensas de toda a península.
Tendo en conta ademais, que aos profesionais do socorrismo concedéuselles un prazo de 5 anos (no ano 2012) para acreditar unha formación oficial mediante a obtención do Título de Grao Medio da FP ou mediante Certificación de profesionalidade emitido pola Consellería de Traballo faise necesario tomar medidas para implantar as titulacións de grao medio en Socorrismo en espazos naturais e socorrismo en instalacións acuáticas.
Postos de traballo para que a mocidade non emigre
Na quenda de replica, o nacionalista afirmou estar farto de repetir que Galiza queda sen xuventude por que non ter onde traballar, fartos de repetir EMIGRAR e fartos tamén de dicir que 70.000 mozos e 90.000 mozas abandonan a súa terra, manifestou.
Cal é a razón de que socorristas cataláns e canarios podan traballar (coa súa titulación (CINE-3) en todo o Estado e tamén en Galiza e nós nos poidamos facelo? preguntou, quizais sexa, dixo porque os seus Gobernos así o decidiron.
A carencia de profesionalidade en servizos de rescate é un dos factores que inciden nas altas cifras de mortos por afogamentos segundo a OMS polo que volveu reclamar a implantación da titulación de Técnico de Salvamento e Socorrismo na Formación Profesional.