O PP non está disposto a garantir o subministro eléctrico das familias en situación de pobreza

Carme Adán reclamou modificar a lei como noutras outras comunidades e países europeos para limitar durante o inverno os cortes de subministro eléctrico ás familias que non teñen cartos para pagar o recibo da luz

Intervención da deputada Carme Adán

A portavoz de Industria do BNG, Carme Adán defendeu unha Proposición non de lei na Cámara galega na que reclamaba modificar a lei e garantir o subministro enerxético ás familias en situación de pobreza e entre tanto, adoptar medidas prácticas para evitar as dramáticas consecuencias desta problemática nos fogares máis desfavorecidos.

Na súa intervención, o Partido popular anunciou que votaría en contra da iniciativa nacionalista.

A pobreza enerxética, dixo a deputada do BNG, afecta a miles de persoas e “mostra a miseria política na que vivimos” . A parlamentaria aludiu ao Ditame do Comité Económico e Social europeo sobre unha acción coordinada para combater a pobreza enerxética e que mostra a preocupación das institucións europeas por esta situación. O informe, engadiu revela o continuo incremento dos prezos do petróleo e outros combustíbeis o que provoca que o recibo da luz aumentara nos últimos 10 anos un 78% e nos anos de crise un 67%.

Os bancos e as empresas son rescatados mentres as familias en situación de pobreza se lles denegan as axudas

A nacionalista criticou que existan miles de millóns de euros para rescatar á banca e as empresas, mesmo aquelas que se dedican a enerxía, gas ou petróleo pero non existen cartos para “sufragar ás familias que non poden acceder neste momento á luz”.

Neste sentido, apelou a protección que merecen tod@s os cidadáns vulnerábeis polo que volveu reclamar a posta en marcha de medidas concretas para resolver un problema que en Europa afecta xa a 60 millóns de persoas que non poden manter o subministro eléctrico, “os gobernos responsábeis dixo, deberían deixarse de tanta estatística e enfrontarse dunha vez por todas a este grave problema”.

O Goberno do Partido popular en Galiza non propón ningunha medida e no Estado defende modificar o recibo da luz para aforrar 1.000 millóns de euros, con eses cartos, dixo, poderíamos resolver a pobreza enerxética xa que tod@s sabemos que a poxa eléctrica é pura especulación.

A baixada da luz prevista será mínima e independente ás rendas que se ingresen. Adán lembrou que o PP en Galiza votou dúas veces en contra de establecer unha tarifa eléctrica galega a pesar de ser Galiza excedente en produción eléctrica, o PP “non quixo votar a favor de rebaixar entre un 30 ou 40% as peaxes”.

Finalmente, a nacionalista insistiu en que algúns países europeos e comunidades autónomas xa tomaron medidas para resolver a situación de pobreza enerxética que cada vez afecta a máis persoas.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG