O PP non se compromete a paliar os danos provocados pola fauna salvaxe

A deputada do BNG, Tereixa Paz alertou do impacto dos ataques de xabarís sobre explotacións e o gando e denfendeu establecer axudas públicas para paliar os danosPaz noticia 1

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz acusou hoxe á Xunta de Galiza de derivar, dende o ano 2009, todas as responsabilidades sobre os propietarios dos danos provocados polos ataques, da fauna salvaxe, “isto leva camiño de converterse nun grave problema para cultivos e explotacións” e dende o BNG, dixo, non queremos que “o monte chegue ás cociñas das casas das aldeas”.

Para a nacionalista, a situación está relacionada coas "erráticas" políticas do PP no medio rural como o  “ abandono das terras e a ausencia dunha política forestal adecuada” polo que demandou un cambio de rumbo nas políticas de medio rural encamiñadas a favorecer un impulso real para as actividades agroforestais e gandeiras.

A deputada afirmou que “resulta unha irresponsabilidade, por parte do Goberno galego, mirar para outro lado” e negou que o incremento das batidas de xabarís para erradicar os ataques a zonas habitadas resolvan o que está acontecendo. A parlamentaria avogou por elaborar un censo sobre a fauna salvaxe e o seu hábitat, a incidencia de reprodución e as posibilidades de subsistencia así como restablecer as axudas cun fundo público para cubrir os danos e ordenar o espazo rural co fin de atallar de raíz as causas que provocan que "o xabarís permanezan en zonas nas que antes existía actividade humana".

Pola súa parte, o Partido popular suxeriu incluír a gandeir@s e labreg@s no fondo para paliar os danos, proposta que a deputada do BNG rexeitou por considerar que debe ser a Administración pública a que se faga cargo  e non “botar en riba d@s afectados este custe económico”.

Ningunha das propostas do BNG foi aceptada polo Partido popular na comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento galego.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG