O PP non acepta unha iniciativa do BNG para investigar o proceso de Alimentos Lácteos S.A

A nacionalista Tereixa Paz reclamaba, a través dunha Proposición non de lei, depurar responsabilidades política  polas decisións do Goberno galego sobre este proxecto empresarial e fiscalizar as subvencións concedidas ademais de iniciar os expedientes para a restitución dos recursos públicos achegados

Tereixa Paz reclama depurar responsabilidades políticas en Produtos lácteos S.A

Os votos en contra do Partido popular impediron, hoxe na Comisión de Agricultura, que prosperara unha Proposición non de lei defendida pola nacionalista, Tereixa Paz para instar ao Goberno galego a levar adiante todas as accións necesarias ao fin de esclarecer diversos aspectos relacionados coa situación de Alimentos Lácteos. S.A

Entre os puntos que reclamaba a proposta nacionalista, figuraban as condicións nas que se concederon as axudas ao proxecto empresarial, o seu destino, o grao de información trasladado aos gandeiros e gandeiras e as razóns polas que o Goberno galego optou por estas cooperativas fronte o conxunto de cooperativas lácteas.

O PP négase a depurar responsabilidades políticas

A deputada lamentou, que unha vez máis, o PP impida que o Goberno galego explique as decisións políticas que propiciaron este proxecto empresarial e volva a impedir “depurar responsabilidades”, ao máis alto nivel.

A nacionalista tamén pedía solicitar a dimisión dos cargos públicos con responsabilidades na tomada de decisións que ocasionaron “graves prexuízos” aos traballadores da planta e aos gandeiros que subministraban a materia prima.

Pola súa parte, a portavoz popular, Isabel García Pacín asegurou que a xestión da Xunta no proceso “foi en todo momento transparente” ao que a nacionalista respondeu ironicamente que en aras da transparencia a Conselleira de Medio Rural “non recibiu aos tres grupos parlamentares para explicar o que estaba acontecendo con Alimentos Lácteos S.A e por esa mesma razón non nos envían a documentación requirida”.

Sen embargo agora,engadiu, o PP pídenos “consenso” para votar só o que lle interesa, ula a transparencia? Preguntou.

Cartóns de leite nos escanos do grupo parlamentario do BNG

“Levamos catro anos dicindo a verdade, firmou a parlamentaria, esa verdade que agora tamén manifestan destacados membros do Partido popular”.

Na súa intervención, García Pacín acusou ao BNG de ter amosado, dende os escanos, cartóns de leite para denunciar a situación de Produtos Lácteos ao que a deputada respondeu que foi a maneira de evidenciarlle ao PP que había nove meses que pechara a fábrica en suspensión de pagos.

Comisión de Agricultura

Tereixa Paz tamén criticou as afirmación da portavoz popular relativas ao apoio incondicional da Xunta a proxectos baseados no cooperativismo galego, “iso é mentira”, vostedes “boicotearon o apoio ao único proxecto que incluíu cooperativas pero non lles parecía suficiente o control político porque alí había de todo e non só militantes do PP co carne na boca”.

A deputada asegurou que o PP elixiu un proxecto viábel de 23 cooperativas para que só cinco se fixeran cargo, algunha das cales nin sequera tiñan experiencia suficiente.

Paz concluíu a súa intervención acusando á Xunta de “complicidade” por consentir que o representante do Goberno galego, membro do Consello de Administración de Alimentos Lácteos, aceptara ofertarlle a unha distribuidora catalana leite a 47 céntimos o litro

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG