O PP négase a pactar unha declaración institucional para pedir o indulto dos sindicalistas

Carme Adán amosou o seu “estupor” ante a “verdadeira cara do PP” ao negarse a pactar unha declaración institucional de “mínimos”

As deputadas da oposición comparecen ante os medios

A oposición no Parlamento galego manifestou hoxe a súa protesta ante a negativa do Partido popular a pactar unha declaración institucional para pedir ao Goberno do Estado o indulto dos sindicalistas galegos, Carlos Rivas e Serafín Rodríguez.

Para a parlamentaria do BNG, o Goberno galego debería pedir o indulto dos sindicalistas porque foron condenados por defender o seu posto de traballo e o seu ingreso no cárcere provocará un grave prexuízo, deterioro e inestabilidade familiar.

A deputada do BNG, Carme Adán, xunto ás parlamentarias de AGE, Consuelo Martínez e PSdG-Psoe, Carme Gallego lamentaron a negativa do grupo maioritario a pactar a declaración institucional así como a “falta de corazón do PP” por non poñerse ao lado dos sindicalistas que foron condenados por participar nun piquete informativo no ano 2008.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG