Tereixa Paz pediu unha comisión de investigación e depurar responsabilidades política nun proxecto iniciado pola Xunta de Galiza no que se perderon 9 millóns de euros
Unha vez máis, a maioría absoluta do PP impediu que prospera a iniciativa do BNG, defendida pola deputada Tereixa Paz, para de crear unha comisión de investigación sobre as decisión políticas da Xunta de Galiza na xestación de Alimentos Lácteos S.A.
Tereixa Paz manifestou que a actual situación de Alimentos lácteos, confirma o pronóstico do BNG dende o ano 2010 cando a Xunta apostou por un proxecto contra unha proposta solvente configurada por todo o sector lácteo.
A parlamentaria lamentou que o PP impida crear unha comisión de investigación dun proceso que arroxa graves irregularidades e afectou a un importante número de gandeir@s pendentes de cobrar o leite entregado.
Ao longo deste tempo, explicou Paz, produciuse unha fraude e saqueo contra os gandeiros e gandeiras que formaron parte do proxecto, que de cobrar, dixo, serán os últimos. A parlamentaria lembrou que son 5,7 millóns de euros de débeda aos que sumou as participacións preferentes que coa entrega do leite subscribían unha ampliación de capital sen que eles o soubesen.
Gandeir@s e traballador@s, grandes prexudicados por decisións do Partido popular
A parlamentaria denunciou que os traballadores e traballadoras de seren despedidos ante do mes de marzo do 2013, cobrarían indemnizacións superiores por mor do contrato entre Pascual e Alimentos lácteos o seu despido produciuse despois desa data obrigando a unha terceira empresa a facerse carto das cantidades por indemnización.
A deputada reiterou que o conxunto do corporativismo lácteo galego perdeu a oportunidade de acadar unha posición fronte a outras importantes industrias, as prácticas custionabeis de Alimentos lácteos tiraron os prezos á baixa e a administración pública puxo en mans do cooperativismo presidido por persoas vinculadas ao Partido popular 8 millóns de euros de cartos públicos, que a día de hoxe, non sabemos a onde foron parar.
Neste período, concluíu, produciuse a depreciación das marcas lácteas galegas, o proxecto foi un fracaso e foron inxectados moitos millóns de euros públicos, é necesario crear unha comisión de investigación e depurar responsabilidades.
Pola súa parte, Isabel García Pacín xustificou a negativa do Partido popular a crear a comisión argumentando que a oposición emprendeu unha cruzada política para atacar á Xunta.