O PP impide anular os expedientes de Facenda a emigrantes galeg@s retornad@s

Tereixa Paz defende no Parlamento aos emigrantes galeg@s retornad@s

Tereixa Paz solicitaba instar ao Goberno central a anulación dos expedientes  e iniciar unha campaña informativa sobre obrigas tributarias, obviando os exercicios entre o 2008 e 2012

Pleno.- O BNG defendeu hoxe, a través da súa deputada, Tereixa Paz, anular os expedientes sancionadores instruídos pola Axencia Tributaria aos beneficiarios galegos e galegas de pensións no estranxeiro que non tributaron polas devanditas cantidades a partir do ano 2008, apelando ao descoñecemento de tal obriga por parte d@s afectad@s.

Na súa intervención, Tereixa Paz deixo claro que o BNG non pretendía rachar o acordo parlamentario acadado na anterior sesión plenaria pero si melloralo porque para as persoas afectadas, este acordo é de mínimos e redúcese ao envío de dúas cartas ao ministro Montoro e ao Responsable da Axencia Tributaria.

Paz insistiu en que a intención de Facenda foi de tipo “recadador” e apoiada pola decisión política de comezar por Galiza, “por aquí, dixo, é onde a vaca pode dar máis leite para a Axencia Tributaria”.

A parlamentaria denunciou que dentro desa decisión política non se contemplaba ir “ao nicho da fraude fiscal” nun 71, 8 por cento das grandes fortunas e corporacións empresarias, vostedes, dixo, decidiron ir ao 2,6 por cento da fraude fiscal.

Equidade horizontal do PP para grandes defraudadores

A nacionalista lamentou que, unha vez máis, o Partido popular se ampare no “principio de equidade” para que os xubilados retornados paguen igual que calquera. Para a nacionalista, o PP debería tamén ter en conta o principio de xustiza social e explicou que o PP aplica o principio de equidade “de maneira horizontal” aceptando amnistías fiscais que permiten que grandes defraudadores regularicen as súas contas ocultas pagando un 8 por cento.

Tereixa Paz concluíu a súa intervención enfrontando o proceder do Partido popular ante o fraude fiscal das grandes fortunas, coa obriga dos pensionistas retornados con pensións de 1.100 euros ao mes que deben pagar 1.300 euros na declaración da renda.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG