O PP exclúe ao alumnado “con menos recursos” nas escolas náuticas e forestais

Daniel Rodas criticou a “mala fe” do Partido popular por publicar o decreto despois da matriculaciónRodas Comsión Pesca

O portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas defendeu, hoxe en comisión, retirar o decreto que fixa os prezos públicos para servizos de residencia e comedor nas escolas náuticas e o prezo da matricula na Aula de Seguridade e Salvamento da Consellería de Medio Rural e Mar.

Rodas lamentou o voto desfavorable do PP á proposta nacionalista para retirar o decreto

O deputado explicou que a partir de agora, o alumnado deberá abonar por residencia completa 1.900 euros e por xantar diario 5 euros o que imposibilita que moitos traballadores do mar, que deben continuar coa súa formación, poidan acceder economicamente.

Os Cursos de formación da aula de Ferrol (servizo obrigatorio) para mariñeiros e técnicos que agora debe ser previo pago supoñen unha nova “privatización” segundo o deputado.

Formación básica en seguridade 390 euros, prácticas de formación básica 290, loita contra incendios 400 euros, curso de supervivencia 450 euros, vostedes, dixo, “perverten o modelo para beneficiar a empresas amigas”, a van conta un sector con rendas moi baixas.

Rodas explicou que as Escolas Náuticas e de Capacitación agro-forestal contan cun alumnado con escasos recursos que procede de sectores pouco valorados, o mar e o agro tradicionalmente non acadaron o recoñecemento que merecen, a pesar de seren sectores centrais na economía galega e que precisan medidas para o seu impulso.

Neste sentido, para o deputado obrigar ao alumnado das escolas náuticas e agroforestais a abonar os servizos de residencia e comedor e a matricula na Aula de Seguridade e Salvamento suporá “unha criba” que impedirá a entrada de alumnado sen recursos convertendo este modelo educativo nun “modelo elitista”.

Rodas reclamou a retirada do Decreto sobre os prezos públicos para residencia e comedor das escolas náuticas e de matricula na Aula de Seguridade e Salvamento por implicar unha medida contraria a valorización dos sectores do mar e agroforestal e impedir que alumnado con “escaseza de recursos” poidan acadar a formación axeitada nestes sectores.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG