O PP delega no concello de Laxe e Portos de Galiza os arranxos do porto

Comsión de Pesca do Parlamento galego

O deputado do BNG, Daniel Rodas pediu que o Parlamento cumpra o acordo parlamentario do ano 2011 para acondicionar o porto, impedir a súa incidencia no areal e garantir as condicións de atraque e fondeo con seguranza para embarcacións e mariñeiros

Daniel Rodas na comisión de Pesca

O portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas recriminou hoxe ao PP por “seguir mareando a perdiz” ao anunciar o voto negativo á Proposición non de lei nacionalista amparándose nas medidas que mañá decidirán o Concello de Laxe e Portos de Galiza.

Para o deputado, non é de recibo que o PP no Parlamento vote en contra de adoptar de inmediato medidas oportunas para modificar as condicións do porto e reprochou o seu “desleixo” nun momento no que os continuos temporais agravan a situación para a flota e mariñeiros.

Rodas acusou ao Goberno galego de non ter feito nada nestes anos para resolver un problema que se agrava coa aparicións e consecuencias dos temporais, “basta xa de fogos de artificio”, manifestou.

Os mariñeiros de Laxe levan tempo demandando as melloras do porto e seguen agardando pola resposta do Partido popular e do Goberno galego para que destine o financiamento necesario “poñendo os cartos en riba da mesa” espetou o nacionalista á portavoz do PP, María Soledad Piñeiro despois de ter anunciado o voto en contra dos conservadores á iniciativa do BNG.

Comsión de Pesca do Parlamento galego

Na quenda de réplica, o deputado do BNG comparou o compromiso do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co Santuario de Muxía “xa e cos cartos que fagan falta” mentres deixa “ao pairo” aos mariñeiros de Laxe que diariamente nas operacións de atraque e fondeo corren graves riscos e mesmo poñen en perigo a súa vida.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG