Montse Prado lamentou a decisión e pediu ao PP non seguir adiante cun Decreto que crea máis inestabilidade laboral os investigador@s e non conta co apoio necesario das organizacións implicadas
A deputada Montse Prado lamentou hoxe o voto en contra do Partido popular á Proposición non de lei do BNG que pedía a retirada do borrador de decreto para a creación da Axencia Galega para a Xestión e Coñecemento da saúde e que non conta co acordo de ninguén.
Todas as organizacións da Mesa sectorial, explicou Prado, rexeitaron unanimemente o borrador alegando que resulta imprescindíbel garantir a estabilidade laboral dos investigador@s tras superar o proceso de acceso ao sistema e poder realizar a súa actividade nunhas mínimas condicións e non baixo a decisión da Administración para formalizar os contratos de maneira precaria e que provoca o descoñecendo dos medios e tempos contractuais dos que van dispoñer os investigador@s.
Dende o BNG, dixo, pedimos a retirada do borrador por que non conta co apoio necesario e consolida o nepotismo legalizando a designación a dedo.
A sociedade galega está a pedir transparencia, engadiu, e vostedes empéñanse en presentar un borrador do que se descoñece incluso á persoa que ocupará a dirección deste organismo.
Pola súa parte, a portavoz do PP, Marta Rodríguez Vispo anunciou o voto en contra á iniciativa do BNG e salientou que o borrador segue aberto a recoller suxerencias no seu trámite parlamentario ao que a nacionalista replicou que o borrador, a pesar de non contar coas condicións necesarias, será aprobado pola maioría do Partido popular polo que volveu solicitar a súa retirada e a elaboración dun novo texto, tras falar con todos os implicad@s, isto, dixo, é o único que pedimos, concluíu.